Outro ano máis repartiremos premios entre as compras para celebrar o Día do Pai de 2024!!
Sortearemos 5 tarxetas regalo de 50€ cada un entre as vosas compras superiores a 10€ realizadas no comercio asociado!!
Como Participar? Entre o luns día 8 e o luns día 18 de marzo, teredes que enviar unha foto do tícket de compra superior a 10€ por WhatsApp ao número 613 885 082. (O mesmo número dos sorteos anteriores).
Información importante sobre os tíckets Por cada 10€ obteredes unha participación. Coma sempre, os tíckets enviados que non sexan completamente lexibles (co número de tícket, fecha, comercio e prezo) non serán válidos. Os sorteos realizarase o 19 de marzo.
Taller de Felicitacións. Este ano tamén realizaremos un taller para os máis cativos da casa. Neste taller os pequenos confeccionarán tarxetas de felicitacións para os seus pais e terán axuda de monitoras. Este taller realizarase os días 13, 14 e 15 de marzo en horario de tarde. Cada día haberá dous turnos de hora e media no que os rapaces realizarán as tarxetas e quedarán o coidado das monitoras.
Os turnos serán os seguintes: • Primeiro turno de 17:00 a 18:30 horas. • Segundo turno de 18:45 a 20:15 horas.
Para poder facer uso do taller terán que facer unha inscrición previa chamando o teléfono 607 165 928.
O custe do taller será de 5 €, pero presentando un tícket superior a 10 € dalgúns dos comercios asociados, a entrada quedará en 3€.
Moita sorte a tod@s!!!










