Barletta

gracie abrams

No title available
let's talk about Bridgerton tea, my ask is open
No title available
cherry valley forever
Lint Roller? I Barely Know Her
occasionally subtle

ellievsbear
𓃗
untitled
"I'm Dorothy Gale from Kansas"

Kiana Khansmith
Fai_Ryy
ojovivo
No title available

Origami Around
Phantogram Three
d e v o n
tumblr dot com
Claire Keane
seen from Italy

seen from Malaysia

seen from Türkiye
seen from Poland
seen from United States

seen from United States

seen from United States

seen from United States

seen from United States

seen from United States

seen from United States
seen from United Kingdom

seen from Türkiye
seen from Dominican Republic
seen from Mexico

seen from Türkiye

seen from United States

seen from Malaysia

seen from Thailand
seen from Pakistan
@atendadoslibros-blog
Barletta
Vía Dadanoias atopamos esta deseñadora e de paso unha das mellores coleccións de capas de libros que temos visto ultimamente.
Estes oito libros eran os recomendados nun suplemento que , con motivo do Día do libro, editou o diario Público
Parabéns!!!
No DOG do día 14 de abril de 2011 publícase a declaración da fundación Eduardo Pondal como de interese cultural.
Parabéns.
Un ano máis, volve o afamado e envexablemente minoritario certame de relatos Reading&Writing Hendrick’s Award. A xenebra máis inusual, a do cogombro e o pétalo de rosa, volve...
Vía Capítulo O atopamonos esta galería da revista Time na que se mostran fotografías de persoas escribindo a máquina.
Na Tenda dos Libros tamén temos a nosa : )
In Praise of the Typewriter (revista Time)
Vídeo en Youtube
O escritor pontecesán José Antonio Pet Posse presenta a súa última novela Alias “El Chispa” nunha televisión catalá.
O vindeiro sábado 5 de marzo estará na libraría A Tenda...
Libros para namorados/as (IV)
Contra el viento del norte/Cada siete olas, Daniel Glattauer
Contra el viento del norte
Na vida diaria hai lugar máis seguro para os desexos secretos que o mundo virtual? Leo Leike recibe mensaxes por erro dunha descoñecida chamada Emmi. Como é educado, contestalle e como el a atrae, ela escribe de novo. Así, pouco a pouco, comeza un diálogo no que non hai marcha atrás. Parece só unha cuestión de tempo que se coñezan en persoa, pero a idea altéraos tan profundamente que prefiren pospoñer o encontro. Sobrevivirían as emocións enviadas, recibidas e gardadas un encontro «real»? Cada siete olas 1) Xa coñeces Emmi Rothner e Leo Leike? Entón é que xa liches Contra el viento del norte, a inusual historia de amor en que dúas persoas que xamais se viron se namoran perdidamente por correo electrónico. 2) Opinas que os namorados merecían verse persoalmente, aínda que fose só unha vez? Comeza a ler Cada siete olas 3) Disposte a abrir este libro sen coñecer Contra el viento del norte? Aquí tes a equipaxe necesaria: Leo Leike volve de Boston tras pouco menos dun ano. Na casa espérano noticias de Emmi Rothner. Ambos os dous decátanse de que os seus sentimentos non cambiaron e pensan que quizais deberían verse. Pero Leo empezou unha relación e Emmi segue casada...
Hoxe a recomendación non é un libro
Se non queres (ou non podes) gastar cartos pero queres felicitar o Día dos/as namorados/as a túa parella podes descargar estes adhesivos (de balde) para colocar en pezas de froita e así felicitar ese día ao tempo que mellorades a dieta.
Podédelas baixar dende esta páxina
Libros para namorados/as (III)
Come, reza, ama, de Elizabeth Gilbert.
Despois dun divorcio traumático seguido dun desengano amoroso e en plena crise emocional e espiritual, Elizabeth Gilbert decide empezar de novo e emprende unha longa viaxe que a levará sucesivamente a Italia, a India e Indonesia, tres escalas xeográficas que se corresponden con outras tantas etapas de busca interior. Lúcida e valente novela autobiográfica que foi un grande éxito de vendas dende a súa publicación en Estados Unidos, Come, reza, ama trata do que acontece cando decidimos ser artífices da nosa felicidade e deixamos de intentar vivir segundo os modelos que nos impoñen.
Libros para namorados/as (II)
¿Sabes que te quiero?
A segunda parte de Canciones para Paula.
Os problemas que Paula tentou esquecer cando se foi a París, seguen esperándoa ao seu regreso e non lle será nada doado deixalos pasar. Xurdirán novas leas amorosas e desenganos, aos que se sumará un erro imperdoable que puido cometer a protagonista na "cidade do amor". Pero non todo xirará en torno a Paula, se non que o resto de "as Sugus" tamén adquirirán un maior protagonismo na novela, que se verá salpicada de mentiras, traizóns e problemas realmente serios na vida adolescente.
Libros para os namorados/as (I)
Carolina se enamora, Federico Moccia.
Carolina é unha rapaza como as demais: quere facer máis cousas das que os seus pais lle permiten, a súa paga semanal nunca lle alcanza para todo o que lle gustaría, quere unha moto para poder moverse con liberdade e ten a cabeza chea de ideas propias que nunca encaixan coas dos adultos... Alegre e optimista, a súa vida transcorre entre as súas amigas, coas que comparte os días e os sonos, o instituto, os exames, as festas e a familia. Pronto chegarán os primeiros bicos, roubados na penumbra do portal, a música que soa sempre no momento axeitado e cuxa letra sempre parece contar a súa historia. E o amor? Como é o amor verdadeiro? Cando coñece a Massimiliano parece que a pregunta vai responderse á fin, pero o que Carolina non sabe é que o amor tamén pode facer moito dano e que non está preparada para o que vai acontecer... Carolina namórase é unha viaxe a través dos sentimentos, é unha historia sobre a emoción que se sente ao encontrar o primeiro amor, sobre a dor, sobre a primeira desilusión, que chega sen avisar e déixate sen palabras, sobre a perda e sobre as múltiples e infinitas caras do amor.
O semanario A Nosa Terra deixará de editarse en papel debido a crise económica que sofre a editorial Edicións culturais galegas. O semanario, que se ditaba dende fai 33 anos, tiña unha tiraxe de...
No DOG núm. 167 do martes 31 de agosto publícase a Orde do 26 de agosto de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e...