Mapa conceptual a catro bandas.
Elaboraron, en cada grupo, un esquema tipo “visual thinking”. Cada grupo tiña un apartado do tema.

⁂
Sade Olutola
I'd rather be in outer space 🛸
Not today Justin
will byers stan first human second
sheepfilms
PUT YOUR BEARD IN MY MOUTH

No title available
Peter Solarz

shark vs the universe

Andulka
tumblr dot com
YOU ARE THE REASON
art blog(derogatory)

祝日 / Permanent Vacation
cherry valley forever

JVL
dirt enthusiast
Aqua Utopia|海の底で記憶を紡ぐ

PR's Tumblrdome

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United Kingdom

seen from United Kingdom

seen from United States

seen from Sweden

seen from United Kingdom

seen from United States
seen from United States
seen from Canada
seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from United States

seen from Spain
seen from United States
seen from United States
@blntab
Mapa conceptual a catro bandas.
Elaboraron, en cada grupo, un esquema tipo “visual thinking”. Cada grupo tiña un apartado do tema.
Nun obradoiro para profesores, iniciámolos na aprendizaxe cooperativa. A temática “Contando con las mates”.
#aprendizaxecooperativa
#enseñandoaprofes
#matescooperativas
Matemáticas manipulativas: en grupos vanse turnando a pasar polas mesas e realizar a actividade proposta: corpos xeométricos con palliñas, medidas pesos, modulmax, pentominós...
#aprendizaxecooperativa
#matemáticasmanipulativas
#EP
#pezassoltas
Sesións contacontos en grupos cooperativos. Seleccionaron os contos, léronllos aos nenos de EI, elaboraron unhas actividades para facer en grupiño: sopa de letras, labirintos, colorear...
#aprendizaxecooperativa
#contacontos
#EI-EP
Folio xiratorio para nomear xogos de lóxica-matemática. Logo, por grupos, ían pasando polas diversas actividades: estrutura: “pezas soltas”. Grupo de 5º EP.
Nun grupo de 6º EP, estruturas de folio xiratorio, lapis ó centro e cabezas numeradas para realizar actividades de lóxica, razoamento matemático e un cómic.
Nas aulas de EI, elaboraron uns quebracabezas que despois resolvían coa estrutura “folio xiratorio”.
A temática dos puzles estaba relacionada coas matemáticas, proxecto da Biblioteca.
Retos cooperativos: circuito electrónico.
Propuxéronse 5 retos que se inclúen na estrutura cooperativa “plantilla rota” ou “pezas soltas”. Nela teñen que superar as actividades propostas para pasar á seguinte e con cada unha obteñen unha pista para ampliar o tema tratado ou para conseguir a solución dalgunha pregunta.
Ciencia cooperativa.
A organización do experimento e da exposición seguíu a liña cooperativa. Cada grupo tiña un experimento escollido e tiveron que presentar o traballo por escrito e a demostración do mesmo.
Folio xiratorio, 1-2-4, xogo de palabras (de elementos)
Reto cooperativo. Xogos didácticos de razoamento e lóxica.
Técnica cooperativa “Plantilla rota”. Circuito electrónico.
Poesía ás rúas. Crearon poemas, deburános, expuxeron nunha zona do cole, e tamén saíron á rúa para lelos.
Robótica cooperativa. Despois de practicar e saber como manexar os robots, implicáronse nunha actividade na que, os catro grupos tiñan que elaborar un circuito que logo tiñan que presentar aos outros equipos para que o realizaran. So se facilitaban dúas pistas de resolución no caso de ter problemas.
Técnica cooperativa “Quebracabezas”. Sobre a Prehistoria: ademais do reparto de tarefas, tiveron que organizar un traballo manual (maqueta, obxectos da época) entre os que destacan unhas puntas de lanza feitas coa impresora 3D.
En educación infantil traballaron o proxecto da Idade Media. Reflectiron esa creación de torre do castelo nalgunhas fichas de traballo.
Para a creación dalgún material, en equipos cooperativos, completaron obxectos seguindo a estrutura do folio xiratorio: creación dun casco (casco xiratorio), completar a torre do castelo, etc.
Noutra actividade, descompoñer o número 10 en sumas, coa estrutura do lapis ao centro fórona completando.
No grupo de 3ºA, comezamos un proyecto sobre xardíns. Algunhas das actividades foron elaborar macetas decorativas, coidar do noso xardín de aula, debuxar cadros florais, crear emoticonos con flores, etc.
Para determinar que actividades se ían facer, co folio xiratorio foorn engadindo aquelas que lles gustaría e vían posibles de realizar.
Para as macetas, fixeron boliñas de papel e, por turnos, foron cubrindo zonas da maceta. Deseñaron as flores que ían pegar, co lapis ao centro, e montaron todo.
Para os debuxos florais, organizaron o espazo e coa estrutura de “xogo de colores” crearon a composición de cada unha.