Técnica cooperativa “Quebracabezas”. Sobre a Prehistoria: ademais do reparto de tarefas, tiveron que organizar un traballo manual (maqueta, obxectos da época) entre os que destacan unhas puntas de lanza feitas coa impresora 3D.
seen from Germany
seen from China
seen from Malaysia

seen from Maldives
seen from United Kingdom

seen from France
seen from United States

seen from Serbia
seen from China
seen from Netherlands

seen from United States
seen from United States
seen from Malaysia
seen from Belarus
seen from United States

seen from Malaysia

seen from Canada

seen from United States
seen from United States
seen from China
Técnica cooperativa “Quebracabezas”. Sobre a Prehistoria: ademais do reparto de tarefas, tiveron que organizar un traballo manual (maqueta, obxectos da época) entre os que destacan unhas puntas de lanza feitas coa impresora 3D.
Galileo Nenos amplía o seu catálogo de xoguetes en galego para este Nadal
Non é a primeira vez que falamos de Galileo Nenos no blog. De feito, case poderiamos dicir que Sinbad medrou con eles dende que alá polo Nadal do 2012 vos presentaramos o primeiro xoguete en galego creado por Guido Leboroni. Pois ben, botándolle unha ollada á súa web, comprobamos que o catálogo de Galileo Nenos medrou de xeito considerable dende aquela e iso a nós encántanos. Sen perder ese espírito educativo que caracteriza os xoguetes de Galileo Nenos, este novo catálogo inclúe dende quebracabezas para nenos e nenas a partir dos dous anos, pasando pola Escola de escritura con Xabarín, un maletín para aprender inglés e exercitar a memoria, ata xogos de mesa como o Peregrinus e, por suposto, as nosas adoradas Galiña de Mos e Ovella galega.
E como sabemos o difícil que resulta competir coas grandes marcas para entrar nas tendas de xoguetes, dende Sinbad queremos apoiar a iniciativa de Guido e desexarlle o mellor e que siga creando xoguetes en galego por moitos anos.
E vós tomade nota porque son o agasallo perfecto para este Nadal!!