Intelixencia artificial é un dos conceptos que máis se repite ultimamente nos medios. Acapara portadas de xornais e aparece na televisión en prime time. Pero tamén protagoniza conversacións cotiás. Quen non probou xa Chat GPT? Este é o mellor exemplo do que poden ofrecer os sistemas de intelixencia artificial pero, tamén, dos riscos que supón. Como enfrontan nas escolas redaccións feitas con este chat bot? Ou artigos científicos dentro da academia?
O recuncho da IA é un pódcast de GCiencia en colaboración con Atlanttic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Telecomunicación da Universidade de Vigo. Neste episodio abordaremos da man dos científicos José Luis Alba, Rebeca Díaz, Jaime González e Andrea Busto para que serve a intelixencia artificial e en que debemos enfocar a investigación neste eido.