seen from Türkiye
seen from United States

seen from T1
seen from China

seen from T1

seen from Singapore

seen from Malaysia
seen from Yemen

seen from United States

seen from United Kingdom

seen from United Kingdom
seen from China
seen from Singapore
seen from China

seen from United States

seen from Singapore

seen from Singapore
seen from United States

seen from Maldives

seen from China
Os nesgos de xénero están en todas partes: nas series que ves, nos libros que consomes, no teu traballo... E como non podía ser doutra maneira, tamén están presentes nos sistemas de intelixencia artificial. Neste quinto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, trataremos de averiguar Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres. Os datos cos que se adestran os sistemas e a falta de diversidade nos equipos de investigación son as claves.
A intelixencia artificial rexe unha gran parte de ámbitos da nosa vida cotiá e laboral pero aínda non hai unha lexislación que regule o seu uso. A Unión Europea aprobou en xuño o proxecto de lei sobre este tecnoloxía, co obxectivo de garantir a seguridade da cidadanía e dos usuarios. Pero... É realmente necesario? Abordamos esta cuestión no cuarto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC. Nesta ocasión contamos con Patricia Faraldo, doutora en Dereito da Universidade da Coruña.
Intelixencia artificial é un dos conceptos que máis se repite ultimamente nos medios. Acapara portadas de xornais e aparece na televisión en prime time. Pero tamén protagoniza conversacións cotiás. Quen non probou xa Chat GPT? Este é o mellor exemplo do que poden ofrecer os sistemas de intelixencia artificial pero, tamén, dos riscos que supón. Como enfrontan nas escolas redaccións feitas con este chat bot? Ou artigos científicos dentro da academia? O recuncho da IA é un pódcast de GCiencia en colaboración con Atlanttic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Telecomunicación da Universidade de Vigo. Neste episodio abordaremos da man dos científicos José Luis Alba, Rebeca Díaz, Jaime González e Andrea Busto para que serve a intelixencia artificial e en que debemos enfocar a investigación neste eido.
A desinformación constitúe unha das maiores preocupacións das democracias contemporáneas. Detrás das noticias falsas ou fake news articúlanse, en moitas ocasións, estratexias para manipular a opinión pública e erosionar a estabilidade dos Estados e das súas institucións. Na loita contra a desinformación, resulta fundamental a coordinación con tres actores clave: as empresas tecnolóxicas, a sociedade civil e as institucións académicas. Hai unhas semanas, botou a andar HYBRIDS, un proxecto da USC que busca desenvolver un sistema para empregar a Intelixencia Artificial na identificación de noticias falsas, discursos de odio e desinformación. Falamos das posibilidades que ten a intelixencia artificial contra as fake news con: Paulo Gamallo, coordinador do proxecto e experto en lingüística; Berta García, especialista en xornalismo dixital e comunicación política, e Patricia Martín, investigadora en ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información.