Banca pública e banco malo
Con motivo dos problemas de Bankia, das primas de risco ou mesmo os políticos que piden modelos alternativos (véxanse declaracións de Cayo Lara[IU] ou Tomás Gómez [PSM]), estos días estamos a escoitar falar da Banca Pública ou da creación dun Banco Malo (público). O presente artigo pretende aclarar ditos conceptos.
Antes de entrar en matería gustaríame resaltar un descobremento que me deixou un pouco patidifuso. Semella que nos USA dende o ano 2010 xorde un movemento popular e político a favor de nacionalizar os bancos. Isto débese principalmente o desprestixo que sofre a banca privada nestes momentos pola crise financeira, pero tamén ao relativo éxito da banca pública no pequeno número de Estados dos USA nos que contan con dita fórmula. (para máis información)
Banca pública. Curiosidades
Si ben o do banco público non é algo novo, está vixente nalgúns países emerxentes que están escapando da crise (Brasil, China, India...), tamén é certo que a existencia da banca pública non implica que desaparezca a banca privada, pode tratarse dun modelo mixto no que conviven ambos ámbitos, por non falar de alternativas como a creación de bancos mixtos.
No Estado español ata fai pouco existían as Caixas de Aforro, que si ben seguen existindo, dende a explosión da burbulla inmobiliaria pasamos de 45 Caixas ata as 15 que existen actualmente (algunhas intervidas polo Banco Central). Estas Caixas malia o parecido coa banca pública, dado que contan cunha finalidade social e non poden xerar beneficios, actúan en base a criterios puros de mercado. A maiores, engadir que non existen noutros Estados e a maioría dos organismos internacionais descoñecen o funcionamento das mesmas.
Pero incluso si nos remontamos a comezos do século XX observamos a existencia dunha banca pública en España que se mantivo vixente ata a década dos 90. Os motivos do desmantelamento desta banca foi o abandono da visión nacionalista que predominara ata ben entrado o tardofranquismo. Na etapa democrática, tanto conservadores coma socialistas acordaron privatizar, o entender que un sistema financeiro privado sería capaz de atender a demanda de crétido da sociedade española. A pesares da confianza no novo modelo financeiro mantivéronse os ICO (de forma residual) no caso de producirse "acontecementos excepcionais". Polo que é un modelo coñecido e que funcionou nun período de tempo considerable.
Principios da Banca Pública
En cantos os principios da banca pública poderíamos tentar resumilos nos seguintes puntos:
1) Realizar unha política crediticia anticíclica e anticrisis; intentado manter un crecemento en base o crecemento do PIB ou polo menos manter o saldo crediticio en niveis que superasen o ano anterior. Para isto sería necesario un número suficiente de sucursais que chegaran a tódolos cidadáns e que se adicaran a cubrir a demanda insatisfeita polo sistema financeiro privado. É dicir, a súa misión principal sería captar recursos e conceder créditos e avales. esforzándose por compensar a falta de crédito do sector privado.
2) Estarán gobernadas por Directivos, pero debido o carácter público, estes deberán responder ante accionistas públicos (O Estado). Isto é vital, controlar o sistema financeiro para non atoparse con "buracos" como os que se está a atopar o Goberno popular nas contas de Bankia. Máis ca controlar a clave residiría en como controlar, que indicadores e métodos usar para poder garantir unha xestión eficiente. De non ser meticulosos con este apartado córrese o risco de politizar o sistema.
3)Está implícito o caracter ético, pondo fin a proxectos que buscan obter o máximo beneficio no menor tempo posible. Non se xoga co risco, evítase a especulación. Na situacón actual o obxetivo sería aumentar a demanda e para iso débese otorgar crédito a Pymes e máis os fogares (exclúese as grandes empresas polo simple feito de que teñen maiores facilidades para financiarse). Agora ben en época de bonanza, encargaríase de manter o crédito a niveis da economía real, tentando compensar a maior cantidade de crédito (proporcionada polos bancos privados).
Banco Malo
Froito dos créditos concedidos sen excesivo control (ou ningún), na situación actual escoitamos falar de Banco malo e case sempre asociado a activos tóxicos. Na era da burbuxa immobiliaria especulábase co valor dos bens immobles, comprábase a un prezo esperando obter un maior beneficio nun corto/medio plazo. O que aconteceu e que a burbuxa pinchou e os prezos dos bens immobles caeron por baixo do prezo especulativo. A ganancia da banca era a diferenza entre o prezo especulativo e o valor real do immoble e polo tanto agora os bancos posúen bens immobles que nas contas ou balances sitúanse no apartado de perdas.
O truco reside en que cando máis se aproxime o prezo dos edificios ó prezo de mercado, máis perdas teñen os bancos e por iso non lles interesa "regalar" ditos immobles, aínda que semella que tampouco lles interesa seguir embargando ditos immobles. O banco malo sería unha entidade pública que compraría ditos "activos tóxicos". Os bancos interésalles que o prezo sexa o especulativo para así non ter pérdidas nos balances, pero lóxicamente repercutaría nas finanzas públicas, o Estado pagaría os fallos e excesos do sistema financeiro. Si pola contra, mercara os bens ao prezo real, os bancos terían perdas, pero melloraría a imaxen e gañarían prestixo e confianza doutros organismos internacionais. Calquera das dúas posturas buscaría aliviar a situación dos bancos para que estes puideran inxectar crédito nas empresas e nas familias.















