Este ano a realizaremos a Campaña de Samaín que, como gran novidade, contará cun “Concurso de Cabazas”.
Poderán participar todas as persoas que queiran, independentemente da súa idade. Os participantes terán que entregar as súas cabazas no local de ACOE dende o día 30 outubro ata o 02 de novembro.
As cabazas serán expostas no local de ACOE nas seguintes datas e horarios:
• Xoves día 02 – de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 • Venres día 03 – de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas • Sábado día 04 – dde 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas
O día 04 ás 20:00h levarase a cabo a elección das 3 cabazas gañadoras por parte dun xurado formado por representantes das asociacións.
Haberá 3 premios o 1º de 500€, o 2º de 300€ e o 3º de 100€.
𝗔𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗼 𝗺𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗶́𝗮 𝟯𝟭 O día 31 realizaranse as actividades:
𝟭. 𝗕𝗮𝗶𝗹𝗲𝘀 𝘁𝗲𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗮𝘀 𝗿𝘂́𝗮𝘀 As distintas escolas de baile do pobo realizarán un baile pola rúa Calvo Sotelo entre as 18 e 19 horas.
𝟯. 𝗧𝗿𝘂𝗰𝗼 𝗼𝘂 𝗧𝗿𝗮𝘁𝗼 @s nen@s poderán ir disfrazad@s e entrar nos comercios participantes dicindo "Truco ou Trato" e o comerciante elixirá "Trato" e pechará o trato ofrecéndolle os caramelos.
Para máis información visitar www.acoe.es










