tarde reservada á encomendas extracurriculares =D #babyavista #encomenda #demenina #democinha #baby #parabebe #cueiro #artesanato #artesanal #artesanales
seen from Türkiye
seen from France
seen from Italy
seen from China

seen from Netherlands
seen from France

seen from France
seen from Singapore

seen from United States
seen from China

seen from France

seen from United States

seen from United States
seen from Russia
seen from China

seen from Austria
seen from China

seen from United States
seen from United States
seen from Yemen
tarde reservada á encomendas extracurriculares =D #babyavista #encomenda #demenina #democinha #baby #parabebe #cueiro #artesanato #artesanal #artesanales
O último: unha app que avisa cando o cueiro está cheo
Aínda que nós xa non o necesitemos, a xente de Huggies Brasil vén de lanzar unha cousa tan novidosa como ridícula e innecesaria; falo do Huggies Tweet Pee, un dispositivo que detecta a humidade do cueiro e avisa aos pais de que é hora de cambialo. Cito textualmente:
«O aplicativo notifica os pais que o bebê fez xixi por mensagem de texto ou redes sociais.»
Quero entender que o que fai o Tweet Pee é enviar un aviso a unha aplicación do móbil que previamente terás que descargar, non que tamén o vai publicar no teu perfil de facebook ou na túa conta de twitter nin vai subir unha foto da micción á túa conta instagram, pinterest, etc., non si? O sensor en cuestión ten forma de paxariño e, á parte de que non creo que sexa moi cómodo levar un paxaro entre as pernas (e dígoo de xeito literal, non para facer o chiste fácil), teño as miñas dúbidas sobre o tempo que pode durar aí antes de que os portadores o arrinquen e o leven á boca.
E digo eu, tan parvos somos agora os pais que os tan manidos noutros tempos sentidos do olfacto e do tacto xa non nos chegan para detectar que o neno ou a nena está mexado?
Polo visto, o Tweet Pee é tan listo que tamén avisa de que tes que mercar cueiros facendo unha especie de media dos que consumes ao mes, evitando así as viaxes de urxencia ao Mercadona mercar un paquete de urxencia. E para que vos convenzades que este trebello pode cambiarvos a vida, aquí tedes un vídeo que o explica moito mellor ca min.
Eu porque, como dixen, xa non o necesitamos, pero vós xa estades tardando en facervos con un. 8 )
Operación cueiro rematada
Á parte do primeiro día de cole de Violeta e todos os cambios que iso supón para a organización familiar, as miñas dúas últimas semanas traducíronse nisto:
(E poño só un 0,001% do documento gráfico sobre a aventura.)
Non sei por que estraña razón, despois da celebración do segundo aniversario, o tema operación cueiro comezou a ser habitual nas conversas con outros pais e con outras nais, que insistían en que tiñamos que quitarllo XA. A nós parecíanos moi pequena aínda para aprender cousas tan complicadas na vida como controlar os esfínteres, pero con aquilo de que era verán e non importaba que andase co cu ao aire, decidimos probar. E si, teño que confesar que, se por min fose, abortaría a tarefa aos dous días de comezar, basicamente por falta de paciencia e por non ser quen de coordinar penico-fregona-caldeiro-móbilparafacerafotodaprimeiravez. Menos mal que Elvi non se rendeu tan facilmente e, ao final, quince días despois, podo dicir que Violeta anda oficialmente sen cueiro.
Coma sempre que teño que afrontar unha situación destas características, lin todo o que caeu nas miñas mans sobre o tema, e o certo é que cada neno ten o seu ritmo e o seu proceso e que ata que estea maduro para controlar os esfínteres non o vai poder facer. De feito, din por aí que o control de esfínteres total é un proceso madurativo que non chega ata os tres ou catro anos. Aos dous e medio só un 50% son quen de ir sen cueiro; aos tres faino o 75% e aos tres e medio o 95%. E, sinceramente, eu non vexo onde está a présa. Nós porque xa sabemos, pero hai que entender que, de primeiras, ten que ser moi difícil. Non é que os nenos non entendan que os pises e as cacas hai que facelos no ouriñal; é que non saben que iso que senten son gañas de facer pis e caca.
Con todo, estou contentísimo de que Violeta xa non use cueiro (bueno, só para durmir) pero, sinceramente, daríame igual que non fose desta. Xa iría o ano que vén! Tiña moi claro que non ía ir á Universidade mexando por ela…