De fondo
As gotas da chuvia ás dúas da mañá cubrindo a conversa de dous namorados tra’lo rinchar dos ferros.
O pitido nos meus ouvidos ao remate dunha película que me quita o sono e o brilo dunha pantalla cunha imaxe estática.
De fondo todo isto. Dentro dous tambores, que se turnan nos golpes e que acompañan un respirar paseniño.
Agora pecho os ollos, con ese ritmo interno me estremezo, recollo e manteño os folgos, agora recordo:
Como me mollo cando me mordes os beizos, e me fas vibrar con cada alento.
Xa só te escoito a ti, nada máis teño e berro por dentro:
"Que non se apague a luz do meu soño.”

















