Reloxeiro
Respira profundo Retrocede e rectifica Remplaza as pezas rotas Refai o corpo do corrompido Resta o traballo do reto Remata o reloxo
Pezas pequenas Postas en paralelo Preparadas para pasar Perpetuando o parpadeo Petando pegada a pegada Pensando na pena Paralizando a fin Parapléxica
Sentindo as horas Sanando as feridas Soando a sátira sutil Sermoneando sempre Sementando sentimento Soterrando feitizos secos Sesgando preconceptos Secuestrando desexos Separando o cosmos Situando os festíns Sabor a estacións
Reloxo reparado













