seen from Türkiye
seen from United States

seen from China

seen from Japan

seen from T1

seen from United States
seen from Lithuania
seen from Türkiye
seen from Malaysia
seen from China
seen from China

seen from Malaysia

seen from Lithuania

seen from United States
seen from China

seen from Malaysia
seen from China

seen from Finland

seen from United Kingdom
seen from United States
Who Did this?????????
But more importantly where do I get MINE.
Elena Ferro quere que ames os zocos
Era un tema recorrente nas reportaxes do xornal dos domingos. Un dos oficios esquecidos de Galicia, que onte foran claves nas socioeconomías do noso rural e que agora apenas sobreviven nun par de obradoiros illados, relegados á anécdota histórica ou a ambientar as feiras medievais, sempre a piques de desaparecer ante a ausencia de xente nova interesada en aprender e manter viva a tradición.
Un tópico aburrido construido a partes iguais entre a repetición e as lamentacións. Un mal augurio que só se podía disolver cunha boa dose de imaxinación como a que desborda Elena Ferro. Unha auténtica zoqueira graduada nunha das mellores escolas, o obradoiro familiar dos Ferro, en Vila de Cruces, no que mamou o arte de facer zocos e desde o que moi pronto empezou a experiementar.
Elena Ferro leva toda a vida dedicada ó oficio de zoqueira e ó de deixar voar a súa imaxinación. Pero é agora cando as redes sociais fixeron a súa aportación permitíndolle compartilo con todo o mundo sen moverse de Vila de Cruces. E de súpeto, semella que os zocos non estaban tan mortos como parecía.
Unha rolada de porquiños zoqueiros, un zocoamorodo, zocos chouriciños envasado ó baleiro, zocos de padrón ou peixes zoco no seu acuario. Desde aí ata un colgadoiro feito con zocos ou un mapamundi que cabe nunha sola. Elena Ferro destapou a caixa na que se gardaban as mil posibilidades de reinventar este oficio seu e xa hai máis de 15.000 persoas en Facebook encantadas de atopar no seu muro as súas ocorrencias que, por certo, son cada vez máis.
Pero Elena non só está conseguindo revitalizar un oficio senón tamén un produto. Os seus zocos son pezas orixinais e fermosas que van moito máis alá do que aparece na nosa cabeza cando escoitamos falar dun zoco. Con diferentes cores, estampados, formas, cordóns, pechados e abertos, sandalia ou botín. Todos teñen en común o requisito indispensable para que sexan zocos, a sola de madeira. A partir de aí, Elena traballa día a día para que todos derrubemos os nosos prexuízos cara este calzado e o integremos como o que é, unha prenda máis a ter en conta no noso zapateiro co valor engadido de ser unha peza única, artesanal e autenticamente galega.
Ah, e non vos perdades a súa conta en Instagram https://instagram.com/eferrozocos
Se queres atopala, ata o venres estará en Monforte de Lemos, a fin de semana na Festa do Esquecemento, en Xinzo de Limia e até o 31 de agosto ten posto permanente na feira Made in Galicia instalada nos Cantones de A Coruña. Pero se o que queres é algo máis que mercar uns zocos bonitos, recomendámosche que visites o seu obradoiro en Vila de Cruces e aproveites para mergullarte no seu mundo, de paso que experimentas outro xeito de facer compras.
Los zuecos gallegos caminan desde el barro hacia la pasarela
Los zuecos gallegos caminan desde el barro hacia la pasarela
Alberto Geada y Elena Ferro luchan para que el calzado primitivo gallego supere el estigma de pobreza y recuperan un oficio casi extinto al lograr que los zuecos de madera dejen de evocar caminos embarrados y formen parte de la vida urbana y las alfombras rojas.
Galicia, Asturias, el norte de León u Holanda, tienen algo en común: un clima húmedo y regiones agrícolas. Por ello también comparten un…
View On WordPress