Unidade veciñal · Neighbourhood Unit
Tono Mejuto
—
f.04
Proximamente / Available soon
seen from China

seen from Türkiye
seen from Türkiye
seen from Russia

seen from United States

seen from Germany
seen from China

seen from Germany
seen from Germany

seen from Australia

seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from China
seen from China
seen from United States

seen from United States
seen from Malaysia

seen from United States
seen from China
Unidade veciñal · Neighbourhood Unit
Tono Mejuto
—
f.04
Proximamente / Available soon
f.03 / f.04
Sempre quixemos que Fabulatorio fose un banco de probas, un lugar para experimentar con novas maneiras de contar aproveitando a capacidade que teñen os libros para deixarse asombrar polos contidos e ideas que transmiten.
Cremos que edición e o deseño do libro deben alumear os seus contidos igual que unha xanela deixa que entre a luz nun espazo. O deseño debe de ser transparente coma un vidro, e o traballo consiste, xa que logo, en descubrir como ten que ser esa xanela: de que tamaño, cal é a súa forma, con que materiais debe construírse ou se é mellor orientala ao abrente ou ao solpor…
Ata o de agora ensaiamos esta liña de traballo cos fotolibros de Luis Díaz Díaz e Simona Rota, e á volta do mes de agosto a continuaremos cun libro de Tono Mejuto con fotografías do Barrio das Flores da Coruña. A edición do libro está xa rematada e só faltan os últimos detalles para poder levalo á imprenta. Xa nos tarda compartir o resultado e a mirada sobre o Barrio que propoñen as fotografías de Tono.
E tamén, á volta das vacacións, chegaremos con outra publicación que inicia unha nova liña de investigación editorial dentro de Fabulatorio, coa palabra, e coa poesía, como principais ferramentas para acadar o tipo de comunicación que desexamos atopar nos libros.
Estamos moi emocionados por comezar a explorar este novo camiño, e aínda máis por facelo cun libro de poesía de María Reimóndez, orixinalmente escrito en alemán e que publicaremos traducido ao galego.
E nada máis, bailade, bañádevos e lede moito! :-)