Figure / F.03 / Robot / 2025

seen from Brazil
seen from United States

seen from United States
seen from Yemen

seen from Germany
seen from Venezuela

seen from Italy
seen from United States

seen from United States
seen from Germany
seen from Brazil
seen from United States

seen from Italy

seen from Canada
seen from United Kingdom
seen from United States

seen from Vietnam

seen from Malaysia
seen from United States

seen from Bangladesh
Figure / F.03 / Robot / 2025
Figure / F.03 / Robot / 2025
Figure / F.03 / Robot / 2025
Xa queda menos para a presentación do libro kleinigkeiten/cousiñas de María Reimóndez! Nos próximos días máis información e datas definitivas.
f.03 / f.04
Sempre quixemos que Fabulatorio fose un banco de probas, un lugar para experimentar con novas maneiras de contar aproveitando a capacidade que teñen os libros para deixarse asombrar polos contidos e ideas que transmiten.
Cremos que edición e o deseño do libro deben alumear os seus contidos igual que unha xanela deixa que entre a luz nun espazo. O deseño debe de ser transparente coma un vidro, e o traballo consiste, xa que logo, en descubrir como ten que ser esa xanela: de que tamaño, cal é a súa forma, con que materiais debe construírse ou se é mellor orientala ao abrente ou ao solpor…
Ata o de agora ensaiamos esta liña de traballo cos fotolibros de Luis Díaz Díaz e Simona Rota, e á volta do mes de agosto a continuaremos cun libro de Tono Mejuto con fotografías do Barrio das Flores da Coruña. A edición do libro está xa rematada e só faltan os últimos detalles para poder levalo á imprenta. Xa nos tarda compartir o resultado e a mirada sobre o Barrio que propoñen as fotografías de Tono.
E tamén, á volta das vacacións, chegaremos con outra publicación que inicia unha nova liña de investigación editorial dentro de Fabulatorio, coa palabra, e coa poesía, como principais ferramentas para acadar o tipo de comunicación que desexamos atopar nos libros.
Estamos moi emocionados por comezar a explorar este novo camiño, e aínda máis por facelo cun libro de poesía de María Reimóndez, orixinalmente escrito en alemán e que publicaremos traducido ao galego.
E nada máis, bailade, bañádevos e lede moito! :-)
Visita ao estudio de Andrés Fernández–Albalat Lois. Seguimos avanzando na edición do seguinte libro de Fabulatorio (f.03). Un fotolibro con fotografías de Tono Mejuto do Barrio das Flores de A Coruña. Andrés foi un dos arquitectos que participou na construción inicial do Barrio proxectando unha das unidades veciñais en 1964. Durante unhas horas tivemos a oportunidade e a sorte de consultar moita documentación orixinal e, sobre todo, de compartir con Andrés a memoria da construción do Barrio.