Se xa é difícil atopar comunidades galegofalantes en sitios propios da Galiza, o problema que estou a ter para atopala nesta rede social tan anglocentrista non hai por onde collelo. Simplemente quero mutuals galegofalantes de maneira regular :(
seen from Argentina

seen from Pakistan
seen from China

seen from Malaysia

seen from Malaysia

seen from Malaysia

seen from Argentina

seen from Malaysia
seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from China
seen from Türkiye
seen from Singapore
seen from China
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from Germany
seen from China
Se xa é difícil atopar comunidades galegofalantes en sitios propios da Galiza, o problema que estou a ter para atopala nesta rede social tan anglocentrista non hai por onde collelo. Simplemente quero mutuals galegofalantes de maneira regular :(
A portada, a contraportada e o feito de que no proceso de sacar as fotos se me rompeu un pouco, pero nada que non poda arranxar rápido con un pouco de pegamento
Algún día aprenderei a debuxar cousas humanas anatómicamente correctas, que nin cunha referencia de min mesme puiden facer isto decente. Por algunha parte teño que practicar
Casualmente poñendo todo o texto do mundo porque non sei levar a miña propia vida
Tiña isto na casa dende fai xa bastante tempo a verdade e tiña ganas de facer algo así durante case todo ese tempo. Non é o meu mellor traballo pero a verdade é que me gusta o resultado e telo feito en xeral
Levaba anos sen actuar sobre un esceario, e o covid arrebatoume un espazo de confort que tiña nos ensaios e nas aulas de teatro. Cando creía que a universidade sería a miña oportunidade de recuperalas, resultou que aínda sería máis complicado do que esperaba. Pero finalmente recuperei ese espazo querido.
Non me vou ocultar, son da xente que descobriu Scott Pilgrim pola serie de Netflix. Non me interesou especialmente por iso, senón porque bastante xente ca que me levo ben estaba chillando por ser fan da saga e probar os gustos da xente ca que quero fortalecer un vínculo ou polo menos coñecer máis é algo que sempre me gustou. Linme a saga enteira en uns meses por uns pdfs que me mandou unha das persoas chillando e sinceramente, aínda que non son a miña cousa preferida do mundo a verdade é que me gustaron. Lectura agradable, interesante e unha historia digna de seguir pola maneira que ten de avanzar, existir e así. Tamén ten unhas persoaxes bastante divertidas de debuxar, cousa que me agrada.
Outro libro que me lín polo clube de lectura da universidade, este con bastante antelación á reunión e que rematei moito antes do esperado. Non podes quitarme a etiqueta de theater kid nin das miñas mans frías e mortas. Síntoo moito polo profesor ao cal lle ignorei a clase, esta historia era moi interesante. Sinto máis á autora por abandoar a reunión antes de tempo, estaba nun momento moi conflitivo e tendo problemas de convivencia serios. Gustaríame poder xuntarme con ela un día e organizar a actuación en público da obra que visualicei mentres a lía a verdade.