O cambio comeza por nós mesmos na nosa vida cotiá. Por comezar a escoitar música en galego, ler en galego, escoitar falar galego. Falar en galego. Seica é algo as veces pode tornar complicado por vivirmos nesta época hiper castelanizada. Por mor disto quero compartir alghúns tips ben sinxeliños :)
• Descargar a app da RAG no teu móbil. É de balde, e aínda que non é perfecta e non recolle moitos termos (a discusión das malas decisións da RAG noutro post) seghue a ser MOI útil!
-> Tes, a maiores, tódalas conxugacións dos verbos.
-> Opción pra ver SINÓNIMOS. (A miña preferida)
O sistema educativo galego é o sector mais castelanizado neste intre. Apréndenos o xustiño pra irmos, coñecendo só os termos máis pretos ao castelán. Persoalmente, creo ísto é un dos maiores factores na perda da linguaxe e morte do galego. Coñeces unha palabra normaliña en galego? (Cabeza, afogar(se), recoller) Aprende sinónimos máis nosos e dálles vida! (Cachamúa, esganar(se), arrombar)
Non che preocupes por se alghuém non te entende algún termo ao falar, case ninghuén ao meu arredor coñecía a palabra cachamúa ou calamoucha e non pasa nada. Preghuntarán qué é, e poderás explicar que é algho tan sinxelo como a testa/cabeza. Entón outra persoa máis coñecerá os termos galegos :) O galego é una língua de sinónimos e unha morea de variación rexionais. Ti podes falar e aprender o galego que queiras.
(E esa xente que actúa coma que falar nun galego máis noso e de pailáns non é xente que mereza moita amizade, na miña opinión)
• Troca a túa linguaxe de preferenza no PC e no móbil ao galego! Xa é unha mágoa que na maioría dos sitios, webs, apps e xoghos o galego é talmente un descoñecido. (Cantas veses trataches de por o idioma galego pra atopar que como moitísimo teñen -ademais do Castelán- Català, e Deus ghrasias?) máis no PC e no móbil isto pódese arranxar ben rápido.
Nesta liña tamén aconsello ler noticias en galego, de fontes galegas. Eu, por exemplo, púxelle preferenza ás noticias en galego (destas ao abrires o Google) clicando en "no amosar" ou "non me interesan" ás noticias ou fontes en castelán. Se quero noticias en castelán, xa as buscarei eu.
(Ademáis con esta opción atoparás moitísimas notisias sobre a Galiza que d'outra maneira non saberías ren delas)
• Playlist Galega non só pra escoitar, senón pra aprender. De onde son estas rapazas? Que é ese termo? (*Checandóo na RAG app;)*) ghustas da gheada? Seseos? Normativo? gueada? A música é unha fiestra (ou xanela!) a coñeceremos entre nós como pobo. E se estás a aprender a falar (moitos galegos entenden ben o galego pero non arrincan a falalo ou viven nun entorno sen case presenza) coa música poderás atopar, incluso, o teu sotaque.
Se fas un bó uso do resto de ferramentas, atoparás na música un grande exercicio tamén pra localizares castelanismos. Isto non fará máis que melloralo teu galego.
• Seica isto é o máis complexo de conseghuer, agás aprenderse o normativo todo, pero recomendo ben moito atopar media en galego. Se é algo antiga, mellor. A época d’ouro do Xabarín club, aló do 1994 ao... 2000 e un chisco: As Bolas Máxicas (Dragon Ball), Shinchan, O Detective Conan, Doraemon, e ata un pouco do One Piece (non sei se foi polo Xabarín máis sei de certo que habelo, haino)... xa que aqueles dobraxes foron de grande importancia prá mocedade, e moitos termos fermosos case que perdéronse ao seu carón.
Eu descarghei Shinchan ENTEIRO (co dobraxe galego, que morreu hai tempo e só temos 669 caps) eiquí:
(milleiro de ghrazas a @zsofiarosebud que foi quén mo amosou💛💛💛)
• Práctica. Inda que estés so, fala en galego! Pensa só en galego por un ratiño. Non todos temos alghuém pra falar e practicar con tranquilidade, e os galegos temos moi inculcado o de nos sentir avergoñados por falar a nosa lingua. Isto é algo que non desaparece sen facer o esforzo de superalo. E só pódese superar falando sen medo.
Eu non falo un galego normativo. É importante traballalo e facerse ás normas (eu estou niso!) este post todo ten certas faltas tanto intensionadas (é coma eu falo) coma non. (Che e te, algunha conxugación, seica alghún castelanismo. Isto é práctica e algo de estudo)
Pra mellorar o galego normativo e coñecer as regras xerais (mesmo se logho decidides rompelas) recomendo, á parte da RAG, o Dígocho Eu.
É un programa da TVG, pero tamén contan con canais de YT e no Instagram de seu. É unha canle principalmente praos meniños, pero ben lle serve a calquera que queira afacerse ao Galego normativo.
Ademáis teñen moitas colaboracións con compañeirxs de canles Brasileiras e Portuguesas.
• Outra cousiña cativa é, se non atopas nova media en galego, sempre podes tratar de creala ti mesmo! (Posts, música, relatos, poesía [qu’isto é moi noso!] TRADUCIÓNS, contido en xeral... Calquera cousa conta. Creédevolo, somos moitos os que a procuramos de cote).
De acabamento, esquece a babecada de que existe un galego ben falado e un galego mal falado. Sí, por suposto existe un galego normativo e certas normas que hemos de aprendermos. Mais iso non quere dicir que sexa o único galego que existe, coma pasa por exemplo nun idioma imperante coma o Castelán (e nin iso, porque o Castelán que falan na España non é o" único" nin o "verdadeiro" español)
A nosa lingua está en perigo. É minoritaria, e vivimos nunha diglosia á forza dun estado que non é de nós. España leva séculos tratando de oprimir non só a linguaxe senón a nosa identidade Galega. Asimilar. Apropiar. Destruir. A situación que estamos a vivir é a consecuencia. E talmente coma acontece en calquera idioma en perigo de desaparición, hai unha norma soa que prevalece encol das outras:
O único galego mal falado é o galego que non se fala.
Falade galego, meus. Coidade a lingua, e ides atopar unha comunidade coma non vistes na vida.
E nunca vos esquezades dos nosos curmáns no resto das nacións (tanto ibéricas coma de fóra) porque ao final xuntos coidamos e facemos máis, e os nosos futuros todos haberán d’ir da man un d’outro.