SE O PASADO É PASADO
SE o pasado é pasado i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente aquil soño clausurado?
Vido visto ben Santiago i esa cuestión non resolta fago camiño
de volta camiño de volta fago.
Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo: é a certeza que trago.
• Uxio Novoneyra













