40 anos do 23-F: a noite na que a democracia cambaleou... houbo quen agachou ou mesmo destruíu documentación de partidos, sindicatos e outras organizacións que podería ter comprometido aos seus membros; e, en xeral, todos e todas tomaron algunha precaución. Houbo tamén militantes que se presentaron nas sedes das súas organizacións ou na propia Casa do Concello onde a súa formación contaba con algún representante para buscar formas de defender dende alí a democracia... había "varios plans golpistas en marcha, algúns máis 'duros' e outros máis 'brandos'" e especulábase que sobre todo estes últimos contaban co apoio da Casa Real... o Golpe de Estado foi un baño de realidade que amosou as consecuencias que tiña a pervivencia de restos do franquismo en posicións de poder... a maioría absoluta obtida polo PSOE en outubro de 1982 afastou o medo a un novo Golpe... "Nese momento decidín chamar ao Comisario de Policía de Vigo para coñecer cal era a situación e a súa resposta encheume de intranquilidade, porque el díxome que non tiña ningunha posición sobre o que estaba a suceder e que simplemente agardaba ordes. A continuación chamei ao Gobernador Civil, que si tivo unha resposta máis comprometida coa democracia... Vin que non tiñamos capacidade ningunha de reacción nin de mobilizar a poboación... o medo histórico á represión do Franquismo xogou na nosa contra. A xente víase incapaz de enfrontarse ás forzas armadas. Esa era a correlación de forzas"... "Tempo despois coñecemos as listas negras nas que figurabamos centos de demócratas galegos que podíamos ter sido obxectivo dos golpistas, un plan de represión de persoas significadas”. "Esas listas foron feitas por axentes ou ex axentes da Brigada Político-Social e en función de como se desenvolvese o Golpe, podían ter tido moitas consecuencias distintas. Se agora nos queixamos de que a memoria franquista está moi presente nos partidos de dereita e en sectores do Exército, imaxina o que era entón. Ata onde podía chegar a represión? Non o podemos saber. Podía acabar da peor maneira"... "pensamos que había que dar unha mostra de firmeza dende o Concello e quedamos alí un grupo de militantes de Esquerda Galega apoiando ao Goberno municipal. Estivemos alí toda a noite"... "Eu concédolle moita importancia ao 23F e para nada concordo con aqueles que dende o presente afirman que todo estivo preparado para desenvolverse deste xeito. As posicións eran incriblemente ambiguas e houbo sorte de que caera a moeda pola parte que caeu" ( Marcos Pérez Pena)
"O 23 de febreiro de 1981 votábase no Congreso a investidura de Leopoldo Calvo Sotelo como presidente do Goberno, en substitución de Adol


















