Informámosvos sobre as as recentes visitas veterinarias, Gatuchinhos! Tiveron cita recente: - Mojito, que xa está practicamente recuperado da otite e está como unha rosa. - Camila Pelasso, que aínda non está ben da infección respiratoria, pero mostrou unha grande melloría nas radiografías do pulmón. Segue con medicación na súa casa de acollida pero respiramos todos máis tranquilos, literal e figuradamente 😅 - Lía, da que por fin temos un diagnóstico oficial: enfermidade inflamatoria intestinal. Non é ningunha sorpresa para nós porque xa era a nosa principal sospeita, pero unha ecografía abdominal sacounos de dúbidas. O único tratamento que vai precisar se non empeoran is síntomas é seguir tomando o penso especial que xa estaba tomando. Para colaborar axudándonos a pagar as facturas veterinarias destes e dos demais gatuchinhos, fai unha transferencia ao noso número de conta ES59 1491 0001 2921 4671 6127 Un ronroneo para todos! #Gatuchinhos #Mojito #Camilapelasso #Lía #visitaveterinaria #colabora #Coruña #ACoruña (at Clinica Veterinaria Coruvet) https://www.instagram.com/p/CWqtrHdMGwc/?utm_medium=tumblr















