Temos por fin boas novas, Gatuchinhos! Camila Pelasso foi ADOPTADA!!! Moitísimas grazas Laura! #Gatuchinhos #CamilaPelasso #adopción #boasnovas #ACoruña (at Clinica Veterinaria Coruvet) https://www.instagram.com/p/Ch9_ayMjBWm/?igshid=NGJjMDIxMWI=

seen from Australia
seen from Israel
seen from United States

seen from Saudi Arabia

seen from Russia

seen from Morocco

seen from Türkiye

seen from Morocco
seen from China
seen from United States
seen from United States

seen from Malaysia

seen from Canada
seen from Canada

seen from Malaysia
seen from United States

seen from United States

seen from Germany
seen from Israel
seen from United States
Temos por fin boas novas, Gatuchinhos! Camila Pelasso foi ADOPTADA!!! Moitísimas grazas Laura! #Gatuchinhos #CamilaPelasso #adopción #boasnovas #ACoruña (at Clinica Veterinaria Coruvet) https://www.instagram.com/p/Ch9_ayMjBWm/?igshid=NGJjMDIxMWI=
"Boas, son Camila, a do Pelasso! A xente non para de repetir que son unha gata top model e supoño que aínda non teño adoptante porque a xente se sinte abrumada pola miña beleza. Pero non vos preocupes, eu só quero un adoptante que me dea mimos e xogue comigo, dame igual que non sexades tan guapos coma min. Escribide a [email protected] para adoptarme" #Gatuchinhos #CamilaPelasso #colaplumero #adopta #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/ChZosGvMY-H/?igshid=NGJjMDIxMWI=
Esta durmichona con cola de plumeiro busca un fogar!!! A nosa Camila Pelasso é unha gata mimosa e xoguetona e quere que a adoptes! Escríbenos a [email protected] #Gatuchinhos #CamilaPelasso https://www.instagram.com/p/CcgGtMlMFQR/?igshid=NGJjMDIxMWI=
Gatuchinhos! Por fin podemos dicir que Camila Pelasso está recuperada e lista para ser adoptada! E vaia se está recuperada, xoga e salta e pide mimos por un tubo! Xa só lle fas falta ti, para darlle un fogar definitivo á nosa pequena boliña de pelo! Escríbenos a [email protected] #Gatuchinhos #Camilapelasso #adoptanonmerques #whiteandblackcat #coladeplumero #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/CZZvhRoMmNO/?utm_medium=tumblr
Pois Camila Pelasso está moi recuperada, Gatuchinhos! Foi a revisión e fixéronlle unha nova placa pectoral e vese moita melloría. Moi ben, Camila! Estamos desexando que poidas ser adoptada para que repartas amor (e algunha falcatruada tamén) #Gatuchinhos #Camilapelasso #coidadosintensivos #guapaouque #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/CYcNpwuMeHB/?utm_medium=tumblr
"Boas! Son Camila Pelasso! Teño nome artístico e todo! Aquí podédesme ver no vete un pouco fartiña xa de tanta visita. Os humanos din que é boa sinal que xa non estea tan trapiño na consulta, que é sinal de que me estou recuperando. Eu só sei que quero poñerme ben de todo pronto e que me adopte alguén bo e que me dea tantos mimos e me coide tan ben como a miña acolledora! E ti que me estás lendo, se podes acoller un gatiño que o precise, non o dubides porque seguramente lle esteas salvando a vida. Anímate e escribe a [email protected] !" #Gatuchinhos #Camilapelasso #acolle #casadeacollida #salvaungatiño #colabora #Coruña #ACoruña (at Clinica Veterinaria Coruvet) https://www.instagram.com/p/CW3GeUas54h/?utm_medium=tumblr
Informámosvos sobre as as recentes visitas veterinarias, Gatuchinhos! Tiveron cita recente: - Mojito, que xa está practicamente recuperado da otite e está como unha rosa. - Camila Pelasso, que aínda non está ben da infección respiratoria, pero mostrou unha grande melloría nas radiografías do pulmón. Segue con medicación na súa casa de acollida pero respiramos todos máis tranquilos, literal e figuradamente 😅 - Lía, da que por fin temos un diagnóstico oficial: enfermidade inflamatoria intestinal. Non é ningunha sorpresa para nós porque xa era a nosa principal sospeita, pero unha ecografía abdominal sacounos de dúbidas. O único tratamento que vai precisar se non empeoran is síntomas é seguir tomando o penso especial que xa estaba tomando. Para colaborar axudándonos a pagar as facturas veterinarias destes e dos demais gatuchinhos, fai unha transferencia ao noso número de conta ES59 1491 0001 2921 4671 6127 Un ronroneo para todos! #Gatuchinhos #Mojito #Camilapelasso #Lía #visitaveterinaria #colabora #Coruña #ACoruña (at Clinica Veterinaria Coruvet) https://www.instagram.com/p/CWqtrHdMGwc/?utm_medium=tumblr
Hai uns días Camila dounos un bo susto. Houbo nervios, choros e sobre todo moita precaución pola pequena. Resulta que tivo un derrame pleural e houbo que drenarlle un dos pulmóns. Agora parece que se está poñendo mellor, come coma unha lima, xa se acicala, xoga e está moi animada. Mandádelle ánimos! E se queredes axudar a pagar os gastos veterinarios, facede transferencia ao noso número de conta ES59 1491 0001 2921 4671 6127 - Triodos Bank #Gatuchinhos #Camila #Camilapelasso #coidadosintensivos #colabora #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/CVn8UCSsBFh/?utm_medium=tumblr