Concerto de despedida de Camarada Nimoy venres 4 nov na Iguana Club (Vigo)
O concerto contará con invitados e coa actuación previa de Zan Hoffman, artista de Kentucky que mantén unha particular historia de amor con Galicia, en concreto cos hórreos.
O grupo vigués formado no 2012 di adéus a unha traxectoria da que moi ben falaron por exemplo en Radio 3 (enviaron un link a súa 1º gravación caseira e a semana seguinte xa soaba alí) e en outros de crítica especializada no xénero instrumental. Atrás deixan innumerables actuacións defendendo 2 Lps de cuidada autoedición en vinilo, o 1º esgotado e o 2º (“Alucinacións acústicas) tamén a piques de desaparecer.
Abandóanos unha banda galega que levaba a filosofía de autoxestión no seu ADN. Todo o que fixeron o fixeron eles mesmos sen ningún apoio. Desde as gravacións, os coidados deseños dos vinilos (numerados un a un cun bolígrafo) e dos seus carteis ata as súas proxeccións sincronizadas ao milimétro coa súa música, o traballo de distribución, videoclips, comunicación, búsqueda e xestión de concertos, absolutamente todo. Sen productora (ningunha das locáis prestoulles atención) apoio ou Crowdfunding ningún, non.Todo co bote do grupo e traballo directo das mans dos “camaradas”.
Arrancaron a súa aventura con gran amplitude de miras (psicodelia, kraut ,lounge, electrónica, bossa, surf-horror, swing...) nun concerto xunto aos Twin Tones, banda de referencia internacional dentro do xénero. Recibiron moi boas palabras sobre o seu son destes músicos mexicanos, así como de consolidadas bandas coas que compartiron escenario, os rusos Messer Chups, os madrileños Sex Museum, etc.
Sempre inclasificables, levaron as súas actuacións con proxeccións aos espazos máis diversos. Explotaron a peculiaridade de cada espazo a intervir a hora da súa posta en escena, tocaron en aldeas abandoadas (Saumede), mostras de arte contemporánea (Casa das Artes de Vigo), centros autoxestionados aos que viron aparecer -e implicáronse con eles como o Distrito 09 de Coia, o Charenton en Lavadores ou Liceo Mutante de Pontevedra- despediron o modernista local “Choco” de Vigo proxectando as súas videocreaccións no teito, presentaron o seu 1º Lp xunto aos pontevedreses Unicornibot na Zona C de Compostela: Un “Sold out” de dúas bandas galegas instrumentáis nunha onda non comercial, vendendo ese día moitísimos vinilos. Formaron tamén parte da Metamovida, colectivo galego que reúne a interesantes bandas underground.
Camarada Nimoy deixa esta aventura (algo é para sempre ?) pero isto non debe levar a equívocos, a súa necesidade expresiva multiplícase. Tocaba xa romper o molde para ampliar máis o horizonte e os seus membros teñen xa novos proxectos cos que apuntan ao 2017.
A despedida vai ser unha gran festa, e nada mellor para iso que contar co fantástico e pasional Zan Hoffman, personaxe xa coñecido na cultura alternativa galega amante dos horreos que non deixa indiferente a ninguén.
Camarada Nimoy + Zan Hoffman venres 4 de novembro na Iguana Club (Vigo)
Hora: 23:30 h.
prezo: 6€













