‘Revolution’ é un dos catro temas inéditos aos que Stay Pretty lles quitaron o pó para o concerto único que darán en Santiago xunto a Novedades Carminha.
Música que lle fai sentir novo a un...
(vía Novedades Carminha)
Xuebing Du
Monterey Bay Aquarium
h
almost home
macklin celebrini has autism

Janaina Medeiros
dirt enthusiast

Origami Around
we're not kids anymore.

No title available

No title available
Cosimo Galluzzi
One Nice Bug Per Day

blake kathryn

JVL
Aqua Utopia|海の底で記憶を紡ぐ

JBB: An Artblog!
"I'm Dorothy Gale from Kansas"
NASA
No title available

seen from Malaysia

seen from Malaysia
seen from Malaysia
seen from Belgium
seen from Brazil
seen from Poland

seen from United States
seen from Belgium

seen from Colombia
seen from Malaysia
seen from Italy
seen from Malaysia

seen from Ireland

seen from United States

seen from United Kingdom
seen from Egypt

seen from Malaysia
seen from Ireland

seen from Malaysia

seen from Malaysia
@musicadeaqui
‘Revolution’ é un dos catro temas inéditos aos que Stay Pretty lles quitaron o pó para o concerto único que darán en Santiago xunto a Novedades Carminha.
Música que lle fai sentir novo a un...
(vía Novedades Carminha)
Vicky Polard tamén buscan cartos para o seu novo álbum cunha campaña de financiación crowdfunding.
De momento fícanos escoitar o se último EP, Biolise.
(vía Nao)
Esta é a primeira entrada de Música de aquí que non é unha canción.
Mulleres Galegas Kañeras é un proxecto de Patty Castro (cantante de Meigha Grupo) para gravar unha canción (e un videoclip co 'making of') entre 30 músicas galegas.
Ademais da propia Patty Castro os outros nomes que se coñecen de momento son os de Teté Delgado, Susana Seivane e Mercedes Peón (estas dúas últimas farán unha introdución con música tradicional ao que será un tema con "regusto de rock, heavy e metal, ou sexa Kañero").
Inda tedes moitos días e unha chea de recompensas para participar neste proxecto que é unha reivindicación das mulleres galegas na música en xeral e na música kañera en particular.
(vía verkami)
La Buena Nueva é un disco de 2012 de Es un Árbol. E se che gusta o 'rock absurdo' estás de noraboa, porque xa case xuntaron os cartos todos para rematar o seu novo disco En el Parlamento. Fican 3 días e 110€ para acadar o obxectivo.
(vía verkami)
Será a bonus track do álbum Juventud Infinita (2014) de Novedades Carminha (versión do "Pushin' too hard" de Sky Saxon e producida por Hevi) a canción deste verán?
Isto é o que pasa cando os punks flirtean cos ritmos latinos e electrónicos.
A medida do éxito será se o cantan as orquestras.
Concertos en directo estarán dando por todo o reino de Felipe VI adiante:
Sábado, 12 JUL 14 @ Bilbao BBK Live (Bilbao) Viernes, 18 JUL 14 @ PortAmérica (Nigrán) Miércoles, 23 JUL 14 @ Festas do Apóstolo (Santiago) Sábado, 2 AGO 14 @ Festival Sereas e Piratas (Razo) Jueves, 14 AGO 14 @ Marea Rock (Laxe) Viernes, 22 AGO 14 @ Desemboca Platja d'Aro (Platja d'Aro) Sábado, 23 AGO 14 @ Festas de San Bartolomeu (Noia) Sábado, 30 AGO 14 @ Plaza de San Agustín (Ibiza) Sábado, 6 SEP 14 @ Ebrovision Miranda de Ebro (Miranda de Ebro) Viernes, 12 SEP 14 @ South Pop Festival (Isla Cristina, Huelva) Sábado, 13 SEP 14 @ Fiesta Poplacara - Rockola (Córdoba) Domingo, 14 SEP 14 @ Sonora Beach (Estepona)
O Coro da Rá realiza esta impresionante versión a capella do 'Bohemian Rhapsody', de Queen (con sorpresa final).
Foi este ano no Salón Teatro de Compostela.
(vía Aitana Cuétara)
Non podían tardar en chegar aquí Loretta Martin e o seu funky, uns habituais dos festivais de verán.
Este 'As cores do solpor' é un tema do seu disco debut Paraiso distante, de 2007.
(via Festival do Castro)
'Invisibles' é o sinxelo de presentación dun novo grupo chamado Paracaidista.
(Vía Aida)
'Costureiriña', de Habelas Hainas.
Poderedes velas, entre outros moitos sitios, no VII Festival Antros Pinos, en Taragoña (Rianxo), 24, 25 e 26 de xullo.
(vía Antros Pinos Fap Asociación)
Se algo sabemos da música en Galiza é que non é só entretemento. Tamén é tradición, compromiso e corazón.
García MC anda por México, onde gravou un concerto para Regeneración Radio e que comezou con este "Son un pasmón", versión do poema homónimo de Celso Emilio Ferreiro.
Aquí o concerto enteiro.
(vía: María Yáñez)
Co seu son finisecular a medio camiño entre o pop e o punk (ou era entre o punk e o pop?) chego o novo album de Los Televisores titulado Chicos i Chicas.
Veña todo o mundo a bailar movendo a cabeza!
(vía: Zezinho)
Tardou en aparecer por aquí, pero non podía faltar algo de Sés. Por exemplo, esta "Milonga de aquí", incluido no álbum Co xenio destrozado (Fol Música, 2013) Versión gravada en directo no Teatro Principal de Compostela en 2013.
Das que non deixan de dicir o que pensa, esta Sés...
(vía: Marta Rodríguez)
O pasado luns Juanito Broders presentaron o seu novo videoclip 'Mi novia se hizo lesbiana' no pub Cachán de Compostela, pero o que traemos aquí é un clásico entre os clásicos: "Churrasco", do LP de 2008 Córtate las penas.
Churrasco!!
(vía: Rainha Lupa)
'Voar' é o primeiro sinxelo da cantante Nastasia Zürcher, no que presenta a súa nova imaxe e unha espectacular voz que esperemos que estoure con forza en novos temas.
(Vía: Alba P. C.)
Xa que temos que emigrar, que os nosos fillos e fillas poidan aprender o noso idioma alá onde vaiamos.
Como estes pícaros e pícaras que estudan galego en Londres e cantan así de ben "O galopín".
(vía: Xela C.)
Cando comece a invasión máis che vale que os Samesugas estean do teu lado...
Este “They Are Out There” xa é de 2011 e non cansamos de escoitalo, pero non estaría de máis que sacaran un novo disco.
Mentres non deixedes pasar a oportunidade de velos en directo, como hoxe ás 20h no C.C. Auriense (Ourense) xunto a Guillotina e Morse no 1º aniversario de Secret Bridge Tatoo.
(Vía: Marta Rodríguez)
Que non vos enganen os Tanto Nos Ten coa súa suave introdución... estes só entende dúas palabras: festa e baile!
"Baila Manueliño", que xa é venres!!
(Vía: Eva B.)