#autoportrait

JVL
Keni

ellievsbear
almost home
sheepfilms

if i look back, i am lost
Three Goblin Art
Stranger Things

祝日 / Permanent Vacation
styofa doing anything
i don't do bad sauce passes
Mike Driver

No title available

blake kathryn
2025 on Tumblr: Trends That Defined the Year

tannertan36
Peter Solarz
Cosmic Funnies
NASA
todays bird

seen from United States

seen from Australia

seen from United States

seen from Türkiye

seen from Singapore
seen from United States

seen from Netherlands

seen from United States
seen from Australia

seen from Canada

seen from Germany

seen from United States

seen from Argentina

seen from United States
seen from United States
seen from Greece

seen from South Korea

seen from Singapore
seen from United States
seen from United States
@orodil
#autoportrait
Mustallar. Os Ancares. 1.934 m.
Piornedo (Os Ancares)
Museo do pobo galego
#Café #Coffee
Castro Candaz
Pobra de Burón
Torre de Castroverde
“Consagramos a individualidade ata o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome”
Manuel Antonio. Máis alá (1922).
Almáciga. Compostela.
Un golpe no estómago dos prexuízos
Teño un feixe de declaracións e unha labazada de realidade que me acaban de pegar pondo fin (en certa medida) aos prexuízos que carrexaba desde hai uns días. En campaña electoral tentei escribir a respeito do que acontece no backstage dunha candidatura. Pois ben, na imprensa hai algo semellante. Explícome. Esta semana levamos no semanario unha dupla páxina sobre mulleres en situación de trata e explotación sexual. A idea partiu doutra que publicamos hai un par de semanas arredor das casas de acollemento para mulleres en situación de violencia machista. En Ourense [para quen non a lese] xestionan este recurso as Adoratrices, unha congregación relixiosa, cristiá. É o único, os demais son públicos, quer municipais, quer da Xunta no caso do Centro de Recuperación Integral. A raíz diso e grazas á conversa coa xornalista Belén Puñal, decidimos analizar os puntos de acollemento para mulleres en situación de prostitución e de trata. Só hai dous en toda Galiza, xeridos por congregacións relixiosas ao igual que todos os demais recursos, practicamente, que prestan atención integral a estas mulleres. [Non vou debullar a reportaxe, vaian ao quiosque o xoves].
Na miña cabeza pairaban os preconceitos, non nego que fundados en boa medida pola experiencia aínda que esta sexa limitada, a respeito do tratamento que reciben as mulleres que acceden a estes recursos por parte de colectivos cunha ideoloxía moi marcada e mesmo cunha visión das mulleres que fica moi lonxe da que eu defendo.
Porén, non vin iso aínda que si certos conflitos. [Lean a reportaxe]. O que si vin foi a ausencia absoluta da administración pública e unha dobre moral que non practican as monxas, sinceramente. E a sociedade? A sociedade, iso que deu en se chamar cidadanía, nen está nen se lle espera [agás honradísimas excepcións, vaia por diante].
Levo algo máis dunha semana ollando as marxes, interseccionadas entre elas, e agora que xiro a cabeza, de novo, cara ao centro, traio de volta un golpe no estómago dos prexuízos e un feixe de carraxe pola comodidade na que acostumamos vivir, eu a primeira. Unha especie de limbo entre o que non se ve e para o que, de facto, non queremos ollar.
“A wall is just a wall and nothing more at all. It can be broken down. Sing loud ‘til the world can’t ignore anymore ” [Assata Shakur]
Cores.
Compostela
Lucus Augusti
DIARIO DE (PRE)CAMPAÑA
CAPÍTULO 3 | 'Hai vida para alén das cidades'
Vou montar o campamento base na A6. Xa case está decidido. Por iso de aforrar. Tempo e non cartos. O tempo está infra-valorado mais ten o seu aquel elástico que sempre anima. Nun mesmo día podes facer Compostela-Muras-San Sadurniño-Lugo e tirar proveito de millentas cousas. E persoas. O traxecto pola autoestrada tamén dá para cabilar. E claro, comezas a darlle voltas á cabeza e pensas: con todo o que están a facer nestes concellos por que ninguén olla pra eles?
El é que as alternativas que se constrúen desde o rural non serven? Non son exportábeis? Non son o suficientemente transformadoras? E non só falo de concellos do Bloque, aí está Manzaneda dando tamén exemplo.
San Sadurniño leva 8 anos a desenvolver orzamentos participativos. Lembro unha das miñas primeiras reportaxes en Sermos Galiza falando disto con Secundino, o alcalde. Tiraran da idea após o modelo desenvolvido en Porto Alegre, no Brasil, e organizan a veciñanza en asembleas parroquiais. Oito anos levan. Oito. Subiron até impostos por vontade popular para garantir mellores prestacións de servizos.
Agora comezaron coa recollida de lixo porta a porta. Un modelo de xestión de residuos moito máis selectivo, que xera postos de traballo e visa aplicar os 3R (Redución, Reutilización, Reciclaxe). Lembro unha conversa con Mikel Errekondo cando estivo en Compostela sobre o tema. El foi alcalde de Usurbil, un dos municipios bascos que puxeron en andamento esta idea, xunto con Hernani. Entre calada e calada de cigarro, que é como saen as mellores conversas, Errekondo explicaba como desenvolveran composteiros comunitarios para grandes bloques de vivendas. Ninguén fala de Usurbil nen de San Sadurniño. Para que?
Outro tanto en Muras. O ano que vén os centos de aeroxeradores instalados por empresas transnacionais comezarán a reverter por vez primeira beneficios na poboación local. O fin da pobreza enerxética nun municipio excedentario e exportador de enerxía. Ademais, andan a darlle á cabeza a unha cooperativa para o aproveitamento multifuncional do monte. Teñen gando vacún, produción forestal e apostan nos cogumelos. O que falta é xente e nesas están, á procura dunha maneira de recuperar poboación.
Ideas hai, en Manzaneda levan un tempo con iniciativas ben interesantes ao respeito. Unha delas, de moitas, foi a fundación dunha cooperativa galega, promovida entre o goberno e a veciñanza, de recollida e transformación da castaña. Amarelante S.C.G. Dá traballo a 5 familias, recuperou pola vía do aluguer ou a cesión os soutos tradicionais e este ano comezan a facer fariña, para consumo animal e humano.
Aposta nos recursos propios para construír alternativas de futuro. Así. Sinxelo.
Non todo comeza e remata nas cidades. De cando en cando deberíamos ollar o que se está a facer aquí, ao lado. E sentirmos o orgullo de que nós, desde espazos despoboados,pequenos, envellecidos e as máis das veces olvidados, tamén estamos a construír futuro. O noso.
[Imaxe. Capela octogonal de Boel. Ribeira de Piquín]