Había gana de #primavera este ano. A pasada estabamos confinados. Parécenme irreales aqueles meses sen ir traballar, sen saír, vendo series nun apartamento sin terraza. Foi como se non houbese primavera. Pero esta sí que existiu: todos os días libres, á casa da aldea! Poder ver os cambios que se producían na #natureza de semana en semana... As froitas xurdindo no centro de flores diminutas, medraban, medraban. No campiño das #fresas, Dona, Celia, foron limpando herbas, arrimando palla. Eu abonei. Moitos #amorodos merendei con yogur. E unha tarta de queixo estrambótica. Comer directamente da mata cada vez que pasaba, coma se eu fose un #merlo Pagou a pena compartilas con eles, polo ben que cantan. Cada anoitecer un concerto diferente debaixo das cerdeiras. (Inda que abusan!) ___ #turdusmerula #mirlos #may #2021 https://www.instagram.com/p/CQ5XKZtMimv/?utm_medium=tumblr










