Se queres saber o que é a carne de boi, o domingo, a Allariz
E non hai máis.
Son contundente. Seino. Seguro que tedes tomado algún chuletón de boi por aí de dubidosa orixe (eu o primeiro), e de aí que aproveite a ocasión para compartir cos quen non sabían desta magnífica ocasión. O pasado domingo foi a primeira oportunidade e o vindeiro día 5 a última por este ano. Ámbolos dous xantares forman parte das Xornadas de Degustación do Boi en Allariz, magnificamente executadas por Flavio Morganti no seu Restaurante de banquetes Leovinci.
Os principais convidados foron 3 exemplares de raza Vianesa e Limiá sacrificados para executar un total de 11 preparacións diferentes cun denominador común: o boi.
De entre todos os pratos, quero salientar dous que brillaron por igual para todos os comensais da miña contorna.
O carpacho con parmesano e champiñóns, que non hai máis que velo.
E este outro Gulash con pemento da Vera, que sen ser tan atractivo a priori, espertou admiración na mesa na que me atopaba.
Non sería xusto, esquecer o que menos me gustou do menú. Tiña grandes esperanzas depositadas no Tartar picado a man, pero a execución non foi moi inspirada. Unha mágoa. Quen sabe se estará mellor o vindeiro domingo!
E algo que non debe desorientar ao comensal. Os bois son do Courel, e foron sacrificados polo
Do resto dos pratos unha visión xeral nestas diapositivas. Quedáronme atrás fotos dalgunhas cousiñas, e debe ser cousa da idade, que non me importou, preferín desfrutar do xantar.
En resume, estamos a falar de 11 pratos, máis sobremesas, viño (Crego e Monaguillo e Gran Reboreda) ademáis de café e licores por 59 €. Haberá quen pense que son moitos cartos, abofé que son, e non están os tempos para moitas alegrías, pero non ides atopar unha oportunidade igual en moito tempo.
Ademais é unha oportunidade para visitar unha vila tan senlleira coma Allariz, dar un paseo polas súas rúas de pedra, bañarse no río (despois de facer a dixestión o que supón non menos de catro horas) e mesmo mercar algún dos produtos gastronómicos locais, ou deixarse seducir polos seus outlets (algo que descoñecía por completo e me pode traer algún problema matrimonial).
Se estás interesado aínda podes apuntarte, todo o que precisas telo no folleto informativo.
Para o vindeiro ano escoitei un comentario que me gustaría trasladar á organización como suxestión:
Debería realizarse un sábado, e combinarse cunha opción para descansar no hotel. Boa falta fai para a dixestión.
E como xa comentei non hai máis. Ou si, porque fomos afortunados cos nosos acompañantes na mesa e aprendemos unha chea de cousas, por exemplo:
Sabedes porque teñen imáns nas ambulancias?











