Parece que están descuartizando a un sicario en mi vagina
seen from Sweden

seen from United Kingdom
seen from United States

seen from Malaysia

seen from Malaysia
seen from China
seen from Norway
seen from United Kingdom

seen from Guinea

seen from Germany
seen from Guinea

seen from United States
seen from United Kingdom

seen from United States

seen from United States
seen from Ireland

seen from Türkiye

seen from Malta

seen from Australia
seen from United States
Parece que están descuartizando a un sicario en mi vagina
A MENSTRUACIÓN SEN DRAMAS de Enconarte Producións. Por Afonso Becerra de Becerreá
Facer un show a partir da bioloxía ten mérito. Sobre todo cando se lle dá a volta aos tabús, medos e incluso noxos e rexeitamentos que suscita a vital menstruación. Por agora, mentres non se invente outra cousa, a menstruación resulta imprescindible para que poidan enxendrarse e nacer persoas. Así que o tema, aínda exento da funcionalidade reprodutiva, faise necesario.
As tres actrices de Enconarte Producións, Rocío Romero, Arantxa Treus e Déborah Vukusic, que debutaran coa comedia de Diana López Varela: Non é un país para conas (2016), lanzáronse no 2018 a crear a súa propia peza a partir de xogos de improvisación sobre o tema da menstruación, guiados e dirixidos pola actriz Marián Bañobre da Cía. Ibuproneo Teatro. O resultado é un show cabareteiro, trufado de chistes e un espírito gamberro, no que hai lugar para algún número paródico de danza para rir de todo o azucre que lle botaron enriba á condición feminina, en cancións e coreografías que se converteron nun clixé.
Monstruación é unha sucesión de gags ou sketches, vinculados pola inversión irónica e chistosa do tema que tratan e, no ámbito dramatúrxico, vinculados por unha coartada argumental naif. Tan naif como as que adoitan guiar os canovacci de La Commedia dell’Arte ou calquera espectáculo baseado na improvisación.
A coartada argumental: tres muñecas, famosas nos anos 80 e 90, que poderían ter sido coas que xogaban as propias actrices e as rapazas que, coma elas andan arredor dos 30 anos: unha Barbie (Déborah), unha Nancie (Arantxa) e unha Barriguitas india (Rocío), están preocupadas porque a súa dona América deixou de xogar con elas porque lle veu a regra. A partir de aí as bonecas (as actrices bonequizadas) especulan e brincan con iso da regra e da “parrocha” instruídas pola Barbie, que é a que máis sabe do asunto. Todas queren ter “parrocha”.
A reivindicación da “parrocha” exténdese a todos os atributos da muller, nun exercicio de empoderamento feminino divertido e cun toque de tolería. Nese empoderamento tamén se inclúe á muller que, co paso do tempo, xa non ten uns peitos turxentes, en moitos casos por causa da maternidade, ou un cu dentro das proporcións do canon de beleza imposto polas modas. A reivindicación da rapaza de corenta anos que xa non ten un corpo de vinte anos. A reivindicación da señora que gosta de “facer porcadas” na cama ou incluso fóra da cama. Outorgar dignidade a todos os xogos sexuais nas relacións hetero que son, aínda hoxe, considerados perversións vergonzosas pola moral reinante: as mamadas, o sexo anal...
Outro temazo, que entra como material de acción na coartada argumental, é a diglosia. Cara a metade do show, unha das actrices, Déborah, rompe o xogo farsesco e guiñolesco das bonecas ao percatarse de que é demasiado burdo e aí aparecen, directamente, elas: Rocío, Arantxa e Déborah, falando en castelán. O galego como a lingua das bonecas e, por extensión, do teatro, fronte ao castelán como a lingua das actrices e, por extensión, de boa parte da xuventude, sobre todo urbana e “moderna”. No entanto, as dotes de clown do elenco, sen dúbida incentivadas por Marián Bañobre, conseguen darlle a volta á tortilla, facendo dese bilingüismo diglósico un elemento que, máis que rebaixar ou degradar a lingua propia de Galiza, pon sobre as táboas, dun modo atrevido e descarado, esa fenda sociocultural. Deste xeito, de maneira implícita, sen que haxa unha escena ou un número que pivote explicitamente sobre o conflito lingüístico, introdúceno como un elemento subrepticio para o debate.
Nesta parte, na das actrices que abandonaron a interpretación das bonecas, a fórmula improvisatoria faise máis patente na discusión xocosa que se dá entre as tres actrices respecto á propia peza. A improvisación afírmase aínda máis cando unha das actrices, cuestionando a calidade da propia peza, confésalle a todo o público e ás súas compañeiras de palco, a vergonza que sente nesta función na que, aínda por riba, entre o público está o seu ex-profesor de dramaturxia, que a aprobara tan só cun 5, que ía pensar agora vendo isto que está a facer.
O metateatro e o metadiscurso amplía o debate sobre o que é ser feminista e pon en cuestión se o que fixeron até agora no show é realmente feminista. Tamén introduce, tal cal se pode deducir, unha certa ironía sobre a alta cultura e o alternativo no teatro, cando lle botan en cara a Déborah, que foi quen rompeu o show guiñolesco das bonecas, o feito de que ela estea a traballar, comendo queixo, nunha compañía desas importantes do teatro galego (en alusión a Raclette de Santiago Cortegoso e Ibuprofeno Teatro), ou cando, baixo o clixé do teatro “máis persoal” se alude á sala Ensalle de Vigo (sen dúbida unha das máis coherentes e arriscadas na súa programación artística). Todo isto xogado con graza, sen ningún tipo de ensañamento nin acritude, senón desde un divertimento construtivo, atrevido e cun punto de tolemia.
O espectáculo non conta con máis ingredientes que o propio xogo das actrices e algúns elementos de atrezo, disfraces, perruca, obxectos de xoguete e músicas comerciais alusivas.
Eu puiden velo, mentres tomaba unha copa, no Sinatra Cóctel Bar de Vigo, un local que fora un puticlú de sona. Velaí outra ironía do destino: as tres bonecas e as tres actrices a darlle a volta aos tabús e a empoderar á muller heterosexual no palco do que, durante moitos anos, fora un puticlú.
Evidentemente, este tipo de show, con momentos de revista, con algúns sketches que están na liña dos de programas televisivos de entretemento, ao ser realizados nun bar exixen das actrices unha enerxía moito máis deportiva, co perigo de que o berro, nalgún momento, poida substituir ao matiz. Non obstante, na función do sábado 15 de decembro, co local a tope de xente, o éxito foi clamoroso, non só no aplauso final, senón durante o propio show, segundo se ían sucedendo os clímax cómicos ou no contaxio do cachondeo e da diversión nos números bailados, ao empregar temas musicais moi populares, deses que, ademais dos recordos que poden traer, son capaces de erguer ao público das cadeiras.
Espectáculo: Monstruación. Actuación: Rocío Romero, Arantxa Treus, Déborah Vukusic. Dirección: Marián Bañobre. Compañía: Enconarte Producións. Sala: Sinatra Cóctel Bar de Vigo. Sábado 15 de decembro de 2018.
En qué momento del camino del amor pierdas la inspiración para crear poesía?
Cuando llegue al cielo (si es que llego) lo primero que voy a hacer es torturar a Eva
(vía https://www.youtube.com/watch?v=YCx-33gFuPY)
estoy sensible, me miro al espejo y soy un planeta,
soy fea, tengo granos,
vos no me queres, mi mama no me quiere,
mi gato se aleja
necesito comer y comer
mi vacio en el estomago no se llena
y tampoco el de mi corazón
que hoy se siente especialmente roto.
solo quiero estar acostada mirando peliculas en youtube
solo quiero que me llames y cortarte
solo quiero llorar en el baño frente al espejo
cortarme el flequillo
ser una bolsa de basura pateada en la calle
solo quiero y no sé qué quiero...
quiero que los días pasen lento y rápido
y miro el almanaque y es 15 del mes
y entonces bajo la guardia
y bajo mi bombacha
y veo una mancha
y corro rapido al chino
compro una caja grande de ob’s y un paquete de oreos
me encierro en mi cama
y dejo que el dolor de verdad se apodere de mi
para hacerme olvidar de todo lo demas
Que bueno que ya volviste,
con razón no podía más.
unos enanos satanicos adentro de mi utero me apuñalan
dejandome ciega de dolor
abrazo mi panza
me hago una bolita
me parto en dos
Me dejo sangrar,
sangra mi concha,
sangran mis ojos,
sangra el cielo
y sangra la tierra
Hoy
y tres días más.
holis