day 38 | Funguary Day 7: Penicillum
Funguary Chart | Funguary Week One Chart
seen from Colombia
seen from Türkiye
seen from China

seen from Malaysia

seen from Australia
seen from Italy

seen from Switzerland

seen from Türkiye
seen from United States
seen from Türkiye
seen from Malaysia

seen from Norway
seen from Singapore
seen from China

seen from Israel

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from Germany

seen from Philippines
day 38 | Funguary Day 7: Penicillum
Funguary Chart | Funguary Week One Chart
love your blog & your one direction blog ( I follow you as morethanturtles )
Awh thank you <33 followed because your blog is just ugh perfect
One of my lil boys :3
As bacterias coma as persoas ...
Hainas boas, hainas malas, hainas fillas de Satanás, boas que se tornan malas, malas que se tornan boas,... menos... pero as veces tamén se lles aparece Deus ó caer do cabalo coma a San Paulo.
Fai tempo cando empecei a matinar que sería isto do Circo de bacterias, pensei que era unha boa maneira de falar das cousas que os microorganismos que facían por nós, cousas positivas ou negativas que de todo hai porque parafraseando a Miguel Angel Revilla: “A mi la Micro me pone!”, el diciao por Cantabria e a Maragall, o probe que agora anda perdido no escurantismo do esquecemento.
Estes días por motivos que non veñen a conto estiven a falar de bacterias con xente que se supón que ten coñecementos científicos, vamos que é coma Ana Obregón, licenciada en Bioloxía e incluso algo máis porque ten doutorados, pola contra ningún lle preparou unha paella a Steven Spielberg. Dinme conta que os falsos mitos alcanzaran límites insospeitados. Cando a alguén lle dis bacteria, pensa só no lado escuro, en infeccións, febres, supuracións,... todo moi feo. Se lle dis fungos pensa nos pés, ou se xa ten unha vida detrás pode pensar nunha candidiasis aloxada en íntimos lugares corporais. É se lle dis virus pensan na gripe. Todo iso é certo pero non tódala verdade é esa. Ata os Ditadores teñen amigos...
Non sería xusto meter todo un mundo no mesmo saco: nin tódolos cataláns son uns agarrados, nin tódolos galegos indecisos, nin tódolos alemáns cuadriculados, nin tódolos microorganismos uns fillos de Satán. Poñamos un pouco de luz sobre estes temas.
Empecemos polos bos, aínda que dalgúns xa falamos outros días por estes lares. Podemos poñer exemplos de organismos bos, bos porque nos ofrecen beneficios netos. Que sería do Ribeiro sen Saccharomyces cerevisiae, ou que sería dalgúns bos amigos se nos monasterios alá pola Idade Media non empregasen Saccharomyces calbergiensis para faceres cervexa? Que sería de min se non puidese comer o pan de trigo cocido en forno de leña e levedado cunha curmán da que fai viño? A verdade é que me gusta tanto o pan en tódalas súas variedades que ó pan sen levedar tipo pitas e estas cousas modernas axudaríame a levalo mellor. Que sería de Arzúa sen tódalas bacterias lácticas empregadas para facer queixo? Fai pouco tiven unha conversa, a culpa é miña por falar coa xente, sobre os queixos tipo Cabrales, azul, ... a min fánseme fortes pero a persoa coa que estaba a falar púxose toda chea a falar mal dos fungos e todas esas cousas, e da salubridade dos alimentos. Despois de deixala falar, quixo a casualidade que estivésemos comendo, e que houbese queixo na mesa, e oe como comía nel o condenado!! Eu díxenlle iso que estas a comer é un fungo tipo Penicillum pero fungo o fin e o cabo, e se non estivera ti non poderías comer ese queixo!!. Falando de Penicillum, o antibiótico máis famoso da historia débelle o nome porque foi del de quen o illou Fleming, a penicilina. Outras bacterias tamén levan anos a proporcionarnos antibióticos; a raíña sen dubida: Streptomyces. Vale que nos dámoslles mal uso pero elas dánnos fontes para combater infeccións. Virus positivos? Algún hai, xa vos falei dos enzibióticos, estes compostos son illados dos fagos. Os fagos son virus que atacan bacterias, por extensión, os inimigos dos meus inimigos son meus amigos! Por suposto, hai milleiros de exemplos positivos, e por suposto, temos todas as ferramentas de Biotecnoloxía que na súa meirande parte están baseadas na produción de metabolitos de interese para o home en microorganismos: producir insulina en bacterias, hormona de crecemento .... así ata o infinito e máis aló! Por certo, na liña de cousas producidas de interese, a base de tódalas técnicas de amplificación do DNA, probas de identificación xenética, etc.. é un enzima chamado Taq polimerasa illado primixeniamente de Thermophilus aquaticus que é capaz de medrar a 70 ºC. Cantos famosos lle agradecerán que as probas de paternidade dixesen que eles non eran o pai!
Tamén temos unha morea de microorganismos neutros que nin fan nin desfán. Son xéneros inocuos, os que aínda non lle soupemos dar un uso seguramente porque se os analizamos o detalle seguro que algunha habilidade han de ter, porque de iso, ó final, é do que trata a Ciencia, de explicar o inexplicable, e de atoparlle utilidade a case todo.
Os malos, os malos son doados de mencionar. Malos malísimos: o virus do Ebola, infeccións sen cura e moi agresivas,... normalmente, ademais os peores patóxenos teñen a especialización en ambientes hospitalarios e a ser posible Coidados Intensivos, que o individuo que queres utilizar coma fonte de enerxía e alimento este doente facilita moito as cousas; non nos confundamos, para os patóxenos nós só somos máis que comida, o equivalente a unha rubia galega. Como de estes oímos falar decotío pois tampouco é necesario entrar en moitos detalles. Si quixera pedir un momento de atención sobre unha pequena bacteria chamada Clostridium botulinum. Esta bacteria é responsable de moitas infección alimentarias case sempre mortais debido que produce unha toxina capaz de provocar parálise. Nunca vos dixeron que non tomares latas que estiveran inchadas? Pero dixemos o principio que os malos as veces tórnanse bos... A toxina é a toxina botulínica, que a a maneira clásica de falar do Botox. Imaxinades a faciana de Nicole Kidman sen ela? Miedito! E miedito con ela tamén.
Logo están todos eses individuos do medio, que se si ou que se non. Nin bos nin malos, senón que depende. Deben ser galegos! Haberá que dicirllo a certa cadea de supermercados para a seguinte campaña publicitaria. Os peores son os patóxenos oportunistas e incluso algúns individuos da mesma especie. Isto é coma as familias. E desto en Galicia sabemos moito. Todos temos un curmá atravesado, ese que din nas reunións familiares: Ese sae o avó por parte de pai! Pos as bacterias iguais. Tomemos por exemplo a Escherichia coli, E. coli. Temos dentro da mesma especie cepas que nin fu nin fa; temos cepas que son boas porque as usamos para Biotecnoloxía; e temos as que se parecen o avó e son cepas hemolíticas capaces de matar, lembrade os cogombros. Temos o xénero Pseudomonas. Dentro deste xénero temos cepas que chamamos a Señora dos aneis capaces de degradar hidrocarburos, e polo tanto útiles para o home; e temos cepas como Pseudomonas aeruginosa; tan inocuas que se poden empregar en prácticas no laboratorio como tan habilidosas para tornarse mortais en ambientes hospitalarios onde son capaces de ser as peores entre as peores; ou de provocar graves infeccións en doentes de fibrosis quística.
Outras especies tolean cando son infectadas, como as vacas tolas (pero en pequeno). Vibrio cholerae é unha bacteria relativamente tranquila e inocua, que cando é infectada por un virus (ou fago) é capaz de empezar a producir unha toxina que provoca os brotes de cólera que coñecemos. O mesmo lle pasa a Corynebacterium diphtheriae que cando é infectada produce difteria.
Tamén temos algunha especie sibilina, mala xente para entendernos. Para min son os peores, eses que actúan as agachadas, sen dar nunca a cara. Son os patóxenos intracelulares: aqueles capaces de medrar dentro das células dos organismos que infectan de tal xeito que atacalos dende fora é moi difícil, por exemplo Mycobacterium tuberculosis.
Polo tanto, cos microorganismos, coma ca xente. Todos temos un curmá, un tío, un algo que sae atravesado. E coma todo, xeneralizar só pode conducir o erro.
Patricia Veiga-Crespo.
@pvcrespo