Que a luz da estrela do Natal que guiou os três Reis magos ao encontro do menino Jesus, que iluminou o mundo com amor, possa também iluminar os nossos caminhos acreditando sempre que apesar das adversidades saberemos cultivar a esperança através da fé e da perseverança, para que tenhamos um mundo de paz e fraternidade.
Um Feliz Natal e um Ano Novo de prosperidade para todos!
Imos alá cun clásico, o doce do nadal galego por excelencia: o roscón de reis. Esponxoso, suave, delicioso e, por suposto, tradicional.
Aviso de que, para facer o roscón, necesítanse bastante tempo e paciencia, xa que, a pesares do que poida parecer, esta é unha receita laboriosa na que se precisa respectar os tempos que necesita a masa para quedar esponxosiña. De feito, debo confesarvos que a primeira vez que intentei preparalo quedou bastante mal, e logo explicáronme que fora, precisamente, por non respetar os tempos o suficiente.
Ben, despois das advertencias pertinentes, creo que xa podemos ir ao miolo do asunto:
Os ingredientes que necesitamos son:
360 g. de fariña de trigo (é importante que sexa fariña de forza)
26 g. de lévedo (é importante que sexa fermento de panadaría)
125 ml. de leite (media cunca de almorzo)
90 g. de azucre branco (ou 100 g. de azucre integral de cana)
70 g. de margarina (debe estar a temperatura ambiente)
2 ovos grandes (un ovo enteiro e unha xema)
a reladura dunha laranxa mediana
a reladura de medio limón mediano
2 culleradas de auga de azahar (podedes atopala en grandes superficies)
unha cullerada de ron ou coñac (algunha xente prefire usar anís, eu non)
sal fino
50 g. de azucre branco para decorar (opcional)
froita escarchada para decorar (en confiterías ou grandes superficies)
améndoa en anaquiños para decorar (opcional)
Os pasos que imos seguir para a elaboración son estes:
1. Nun cunco ou bol, botamos o leite (que debe estar morno, por riba da tª ambiente pero sen chegar a estar quente) e engadimos o fermento. Imos desfacendo o fermento e mesturando co leite. Deixamos repousar uns 15-20 minutos.
2. Por outra banda, tamizamos unha parte da fariña (uns 320 g.) noutro cunco, que ha ser de gran tamaño.
3. Á fariña tamizada, engadímoslle a raiadura da laranxa e o limón. Tras iso, facemos un oco no medio do cunco, no que botaremos o azucre e o leite con fermento, mesturando ambas cousas con só unha pequena parte da fariña, de modo que obteremos unha mestura de consistencia pastosa (como se fosen papas).
4. Engadimos á mestura o ron (ou coñac), a xema dun ovo (dúas xemas se os ovos son pequenos), a margarina (en “punto pomada”), a auga de azahar (eu merqueina no Mercadona) e unha grena de sal.
5. Coa axuda dunha lingua de gato, imos mesturando todo o contido do cunco ata obter unha masa, e logo deixamos repousar un par de minutos.
6. Cuns 30 dos 40 g. de fariña que nos sobraron antes, espolvoreamos sobre unha mesa ou superficie de traballo. Sobre ela, botamos a masa obtida e amasámola coas mans durante 2-3 min. Despois deixámola repousar, tapada (cun pano ou co propio cunco) e nun lugar caldeado para que poda fermentar.
8. Tras uns 10 min repousando, destapamos a masa e volvemos a amasar, espolvoreando de novo a superficie de traballo cos 10 g. de fariña que nos quedan. É importante utilizar como máximo 10 gramos, xa que se usamos máis o roscón pódese apelmazar.
9. Amasamos ben durante un bo anaco, ata que a masa deixe de ser pegañenta, entón formamos unha bóla coa masa e deixamos de amasar. Colocamos un papel vexetal (papel de forno) no cunco e poñemos sobre el a bóla de masa, tapada cun pano quente (podémolo meter no microondas uns poucos segundos). Deixamos repousar de novo nun lugar caldeado (se a tª ambiente é inferior a 20ºC, o tempo necesario para que o roscón “medre” será moito maior). Para que garde mellor a calor, podemos poñer, por riba do pano quente, unha capa de film que sele ben o cunco.
10. Unha vez que o volume da masa se duplique, destapámola e sacámola do cunco xunto co papel vexetal. Fóra do cunco, aplastamos a bóla para que a masa expulse os gases da fermentación, e volvemos a formar unha nova bóla, para logo deixala repousar tapada cun pano (esta vez non fai falta quentar o pano).
11. Tras 15 min, destapamos a masa, aplastamos a bóla, facemos un burato no medio cos dedos e dámoslle forma de roscón coas mans. Se tedes algún molde cilíndrico que poidades poñer no centro, podedes utilizalo para que o burato non vos quede tan pequeno como a min.
12. Coa axuda dun pincel de repostería (de silicona), vernizamos o roscón con ovo batido, e logo deixámolo repousar de novo nun ambiente cálido. Se a tª ambiente non é moi alta, podemos metelo no forno apagado pero un pouco caldeado, a menos de 45ºC.
13. Cando vexamos que o roscón medrou de forma notable, volvemos a vernizalo con ovo e decorámolo como máis nos guste. Se queredes utilizar azucre como nas pastelerías, deberedes mesturar dúas culleradas de azucre branco, media cullerada de auga e media culleriña (de café) de aceite de xirasol. O resto de cousas podedes mercalas en tendas especializadas ou en grandes hipermercados.
14. Introducimos no forno, con calor por arriba e por abaixo, durante uns 20-30 min a uns 165ºC, aínda que xa sabedes que cada forno é diferente dos demáis, polo que é importante que coñezades ben o voso antes de atrevervos con esta receita, pois o roscón é moi sensible ás termperaturas extremas (ante a dúbida, eu recoméndovos que optedes por temperaturas preferiblemente baixas, non por riba de 180ºC).
E iso é todo, podedes porvos mans á obra!
Só aproveito para agradecer ás persoas que axudaron a que esta receita saíse ben. Á terceira foi a vencida gracias a elas.