Unha escolma das producións realizadas a partir desta secuencia.
we're not kids anymore.

if i look back, i am lost
Today's Document

祝日 / Permanent Vacation
Alisa U Zemlji Chuda

Andulka
Jules of Nature

pixel skylines
Lint Roller? I Barely Know Her

oozey mess
Cosmic Funnies
NASA

izzy's playlists!
I'd rather be in outer space 🛸
h
YOU ARE THE REASON
let's talk about Bridgerton tea, my ask is open
almost home

roma★
sheepfilms

seen from Israel

seen from Türkiye
seen from Japan

seen from United States

seen from Argentina
seen from Switzerland
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from Türkiye
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from United Kingdom
seen from Germany
seen from United States
@lgl1
Unha escolma das producións realizadas a partir desta secuencia.
Espazos para percorrer na Pobra do Caramiñal
Aquí recollemos as descricións dos nosos lugares
Adaptación audiovisual do relato de Alejandra Bermo, cun valorábel traballo de escenificación!
Velaquí o vídeo de Yong, moi traballado!
Pablo e Alex preséntannos a versión audiovisual do seu microrrelato!
A NOITE
A noite,o outro lado da Terra, o lado escuro.
Lugar onde a escuridade se apodera de todo, penumbra, silencio.
Gatos buscando desesperadamente agocho, para poder sobrevivir neste sitio lúgubre e desapiadado tamén chamado noite.
Orixe da imaxe
Adrián (1º C)
O home da escopeta
Un chuvioso día de xaneiro un rapaz non moi pequeno ía de camiño á casa e viu a un home feo cunha escopeta. O neno, asustado, colleu un pau para intentar defenderse. Co medo escapou e bosquexou ao home para non volver atoparse con el. Ao chegar á casa, a súa nai deulle unha losqueada. Ao día seguinte non se atopou con el.
Orixe da imaxe
Lois (1º C)
O peor adestramento.
Estaba nunha pista de patinaxe e soou un forte asubío para chamarnos. Fumos todos á oficina da pista e non había ninguén. Cando era hora de marchar, a adestradora aínda non aparecera.
Ao seguinte día de adestramento saíra nas noticias un bosquexo da nosa adestradora queimada, nunha caseta de madeira con marcas de losqueadas e coiteladas na cara e no resto do corpo.
Orixe da imaxe
Jéssica (1º C)
Acontecemento
Desde que descubrín que tiña aquela enfermidade, non parei de ver sucesos paranormais como sombras, pantasmas, espectros. Cambiou a miña vida.
Estaba exhausto de fuxir daqueles sucesos que me perseguían a todas as partes. Sempre busquei un agocho pero nunca o encontrei. Ata que un día pareceume que atopara unha cura. Un doutor díxome que tiña que tomar medicación durante un tempo e pensar na familia. Despois dun ano pareceu que sanei pero recaín e de repente falecín descansando en paz.
Orixe da imaxe
Ramiro e Manuel (1º A)
Recordo
No día que xa non me acordo, eu oía chorar a alguén, alguén que non sabía quen era, alguén que deixara escapar o recordo ou que o recordo lle escapara. Oía os berros da miña nai dicindo Non, non o levedes!
Exhausta, desapareceu na néboa dos meus recordos.
Yong (1º C)
Escorregadiza
Naquel soño bosquexaba ao meu amor, pero non o daba atopado, só a miña almofada que eu apreixaba tanto.
orixe da imaxe
Marta G. e Lara (1º C)
Guerra Interna
Ese día non podía comer, nin beber, só pensaba no mal que lle fixera a aquela persoa ao mentirlle. Agora sinto como se me queimara por dentro, agora só penso no que pasaría se non mentise. Quizá mereza isto, non sei. Só quero dicirvos que unha mentira pódevos destrozar a vida.
Jesús Manuel (1º C)
O gandeiro
Unha fría mañá de inverno cando ás catro da mañá aquel gandeiro escoitou barullo entre o gando. O home dispúxose a levantarse da cama e botoulle a man á escopeta. Achegouse ao alboio e ao ver aquela besta comendo os seus animais, non puido apretar o gatillo porque as súas bágoas non permitían facer outra cousa.
Sergio (1º C)
O día máis longo
Eu só recordo berros nesa casa. Eu xa pensei que estaba exhausto. O meu agocho xa non era eficaz.
Adeus ao mundo!!
Celia (1º C)
O Timbre
Cando o timbre está a chegar, deixamos de atender ao profesor para contar os minutos e segundos. Parece que cando miro o reloxo a agulla está exhausta, vai máis lenta, faime burla.
Por fin o timbre toca e o profesor non lle fai caso e segue explicando.
Inés (1º C)
Balbino
Eu son un neno que quere ollar mundo, mais son pobre, vivo na aldea, ao cargo do señor.
Se eu soubese sobre o mundo, gustaríame voar dentro dun gran foguete, no agocho das nubes, do ceo...
Delia (1º C)
Perdido
Eu, Saúl Millán Domínguez, son o home con peor sorte de todos, estou perdido nun bosque agardando a miña morte. A partir do seguinte punto amosareivos a miña historia.
Eu pasaba cerca do bar de Ismael, cando da penumbra dunha ruela un home cunha chaqueta de coiro negra atacoume ferozmente ata deixarme inconsciente.
Espertei, notaba a dor das losqueadas daquel maleante. Ao cabo dun anaco sinto que alguén me empurra forá do automóbil no que me encontraba e fun a rolos costa abaixo.
Morto de medo, erguinme e conseguín quitar a envoltura que dificultaba a miña vista.
Vagando sen rumbo naquel bosque tenebroso, exhausto, tumbeime agardando a miña morte.
E velaquí me vedes, contándoo todo sentado nunha ponla, agardando a miña salvación ou a miña perdición, o único legado que deixo é este diario.
Iago e Jairo (1º C)