Comezan as Conversas do CulturaLab
Comezamos coas conversas do CulturaLab do Máster de
Servizos Culturais da USC. Estas desenvolveranse todos os mércores do mes de febreiro as 19:00h, no Museo Provincial de Lugo (Rede Museistica de Lugo-club Ei!!) e teñen como obxectivo reivindicar a conversa como unha forma máis de aprendizaxe.
O CulturaLab, como espazo experimental do Máster, procura artellar novos mecanismos de intercambio de aprendizaxe e por este motivo, considera que unha das mellores formas é a conversa, sentarse a falar, partillar coñecementos. Procura non ser un seminario ao uso, onde un relator da unha conferencia, senón que se aspira a que o mediador, que nos acompañe, procure guiar a conversa entre todos os asistentes en torno aos exios. libre, emprende, ligazón e dixital
O mércores 4 de febreiro contaremos coa presenza de Beka Iglesias con quen realizaremos un repaso ás tecnoloxías da información libre, así como un repaso teórico ao open source, tendo un contido eminentemente práctico e nel procúrase coñecer que ferramentas libres existen.
Continuamos o mércores 11 con Lucía Castro con quen procuraremos establecer unha ligazón entre a universidade e outros espazos productores de coñecemento, como pode ser a investigación militante ou a producción que se está xerando arredor dos movementos sociais.
O mércores 18 acompañaranos Xesús Ron, con quen iremos deambulando arredor das dificultades do emprendemento, asi como as relacións entre os proxectos de creación e a administración
E para finalizar, o mércores 25, Man Hausser nos guiará nas posibilidades da cultura dixital e permitiranos adentrarnos en coñecer como o dixital pode engarzarse co tradicional e supón toda unha oportunidade/ameaza paras as culturas.
Apúntaste? E conversamos un anaco.
Aqui o evento no facebook:https://www.facebook.com/events/1529407837346597/
O CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC conta co apoio da propia Universidade de Santiago de Compostela, asi como da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo