A principios de ano finalmente caín en Yotsuba. Eu sabía que era a mellor cousa do mundo, así o di todo o mundo que chega a este manga. Eu tardei, non foi ata o tomo 6 ou 7 que aceptei a realidade. Efectivamente é unha marabilla inalcanzable. Unha maquinaria perfeta que non debería funcionar pero o fai. Que dure.









