Hoxe imos preparar spaguetti carbonara, a auténtica receita: sen nata! Si, a pesares do que moita xente pensa, a carbonara non se fai con nata senon con ovos e queixo, que deixan unha textura similar pero máis suave. Eu aínda hai pouco que descubrín isto, pero dende que a probei non a volvín facer con nata, pois a auténtica non só é máis tradicional e saudable, senon que está aínda máis rica.
Porén, xa sabedes que na Casa das receitas nos gusta traballar con productos galegos, polo que en lugar de utilizar os queixos italianos típicos desta receita, como son o pecorino e o parmesano, optei por queixos galegos: o de tetilla e o Arzúa-Ulloa, que funden igual de ben e son da nosa terra.
Pois ben, os ingredientes que precisamos son:
Uns 250 g. de pasta seca
¼ ou ½ dunha cebola
Uns 200 g. de bacon afumado
Tres ou catro ovos
Queixo para relar que funda ben
Aceite de oliva suave (0,4º)
Pementa negra en gran
Pementa verde moída (eu useina verde e vermella)
Sal
E os paso para a súa elaboración son:
1. En primeiro lugar pelamos e cortamos ben picadiña a cebola. Unha vez cortada, poñémola a refogar a lume moi frouxiño, removendo de cando en vez.
2. Por outra banda, poñemos unha ao lume unha ola con auga para, cando ferva, engadir sal e cocer a pasta.
3. Unha vez que a cebola estea brandiña, engadimos o bacon, cortado tamén en anaquiños pequenos, xunto cuns grans de pementa. Poñemos a lume medio, removendo de vez en cando.
4. Cando o bacon estea no punto desexado, baixamos de novo o lume ao mínimo.
5. Escorremos a pasta (sen tirar a auga de cocción) e botámola xunto coa cebola e o bacon, removendo para que se impregne do seu sabor.
6. Tras isto, apagamos o lume e engadimos un par de cazos da auga de cocer a pasta e o queixo previamente relado.
7. É entón cando engadimos os ovos, previamente batidos, xunto cunha chisca de sal e de pementa moída.
8. Engadimos outro cazo da auga de cocción da pasta; e mesturamos todo cun movemento envolvente.
9. Servimos inmediatamente, engadíndolle no prato pementa moída e queixo relado ao gusto.
Spaguetis con Bistec "Jimmy Curry".. Rico plato con carne marinada con el Rico adobo más famoso de los argentinos y de muchos amigos latinoamericanos.. El chimichurri..Busca la receta completa en mí canal de YouTube y Si te gustan los platos de pasta, este te va a sorprender. te gusta dale a like suscríbete y activa la campanita para que te lleguen notificaciones de mis nuevos vídeos, y no olvides seguirme en mis redes sociales. Nos vemos en " Recetas sin fronteras". Siguenos tambien en : https://www.facebook.com/recetassinfronteras https://twitter.com/recetassinfront https://www.youtube.com/user/recetassinfronteras http://instagram.com/recetassinfronteras https://recetassinfronteras.tumblr.com Correo [email protected] #spaguetisjimmycurry #spaguetis #spaghetti https://www.instagram.com/p/B6nU_eco79s/?igshid=19dp1mmkxv64w
Salieron las pastas!!! #sorrentinos #noquis y #spaguetis toda la #familia😍 🍝🍝 (en Merlo, Buenos Aires) https://www.instagram.com/p/BnzPEP7F1s6sW0sP4LBsx1e8h8Ak6nae8dlD8Q0/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=wf7y1oz5nmcf