O SILENCIO DO MUNDO ANTES DE BACH. VERSOS ARREDOR DO MESTRE.
Como era o mundo antes de que nel se alzasen as volutas inmensas, perfectas das partituras de J.S.Bach? En que esteiro de silencio desembocaban as voces dos que partiron sen coñeceren as Variacións Goldberg? Que animais de frío vagaban na noite sen o consolo das súas Cantatas? E aínda... É posible explicar ou descifrar por medio de versos o milagre raro desa escrita que traza nas nosas vidas algo definitivo e marabilloso?
Hai un breve e fermoso poema do escritor sueco Lars Gustafsson (1936 - 2016) que formula cuestións nese mesmo sentido. Na súa versión traducida ao inglés leva por título ‘The stillness of the world before Bach’ (‘A quietude do mundo antes de Bach’). Nel, pregúntase polo tipo de mundo que habería antes de Bach e descríbenos ese territorio como un espazo dunha certa orfandade. Achegámolo aquí de xeito completo:
‘There must have been a world before /the Trio Sonata in D, a world before the A minor Partita,/but what kind of a world? / A Europe of vast empty spaces, unresounding, / everywhere unawakened instruments /where the Musical Offering, the Well-tempered Clavier / never passed across the keys. / Isolated churches / where the soprano-line of the Passion / never in helpless love twined round / the gentler movements of the flute, / broad soft landscapes / where nothing breaks the stillness / but old woodcutters' axes, / the healthy barking of strong dogs in winter / and, like a bell, skates biting into fresh ice; / the swallows whirring through summer air, / the shell resounding at the child's ear / and nowhere Bach nowhere Bach / the world in a skater's silence before Bach.’
A musicóloga Jean Kreiling, da Bridgewater State University (Massachusett), dedica o seu traballo “Not in Tune": Poets Consider the Music of Bach” a estes asuntos no caso da poesía en inglés. Indícanos que a maioría dos poetas inspirados por Bach formulan a súa estratexia estética como unha celebración da experiencia do oínte ou do intérprete desa música ou como unha meditación sobre a mesma; outros, sen embargo, segundo Kreiling, aludirían de xeito máis directo á propia biografía de Bach e á súa música, como acontece no caso do poeta e tradutor londinese John Heath-Stubbs no seu poema ‘Homage to J.S.Bach’ Sendo o propio Heath-Stubbs pianista, no seus versos alude primeiro á vida do mestre para logo conducir ao lector cara a intensidade dunha experiencia musical:
“(…) grinding away like the mills of God, / Producing masterpieces, and legitimate children— / Twenty-one in all—and earning his bread / Instructing choirboys to sing their ut re mi (…)”
O poema, estructurado en cinco cuartetos, procura manter unha pulcritude formal, con versos regulares e empregando a imaxinería do universo musical de Bach e vai ascendendo desde un equilibrio e unha orde explícitas ata unha exaltación que se correspondería coa ‘Paixón’ e coa expansión e rotundidade da melodía:
“It was the dancing angels in their hierarchies, / Teaching at the heart of Reason that Passion existed, / And at the heart of Passion a Crucifixion, / When the great waves of his Sanctus lifted / The blind art of music into a blinding vision.”
Hai aínda un feixe máis de poemas que sitúan tamén a súa ollada no legado e na biografía do mestre de Eisenach, que se deixan levar pola marexada das súas notas, que atopan agocho na maxestade xenial desa obra única. En língua inglesa, poderíamos citar, por exemplo o poema do autor e tradutor inglés Charles Tomlison (1927 – 2015), ‘If Bach had been a beekeeper’ (‘Se Bach tivese sido un apicultor’), no que se relacionan breve e compactamente unha serie de estilemas do mundo da colmea con aqueloutro da música de Bach:
“If Bach had been a beekeeper / he would have heard / all those notes / suspended above one another / in the air of his ear / as the differentiated swarm returning / to the exact hive/ and place in the hive…”.
O poeta sueco Lars Gustafsson
Tamén en inglés achamos o poema do irlandés John F. Deane (1943), ‘ The Aftertaste of Bitterness’ (‘O resaibo da amargura’), onde un espazo de intimidade se vai enchendo coas arquitecturas bachianas e onde a voz poética se confronta a ela mesma no fluxo da experiencia directa desa música. Desde ela, márcase unha cesura entre a pureza dese espazo interior e o externo (o alleo, o resto do mundo...):
“(...) And what is truth? I'm drawn away / by mating-shouts of pheasants / In the high grass outside. Bach's slow chorales / lift the soul, through time, out / beyond time, till the music tells how death / is the perfect state of innocence.”
Poderíamos nomear aínda outros poemas notables, como o do galés Danny Abse (1923-2014), ‘At Ogmore-by-Sea This August Evening’, o de Howard Nemerov (1920- 1991), ‘Playing the Inventions’, onde se establece un diálogo formal en versos libres coa estructura interna das Invencións de Bach para teclado; ou aínda o do soldado e poeta inglés Siegfried Sasson (1886 -1967), ‘Sheldonian Soliloquy (During Bach’s B Minor Mass)’, onde se combina o ton emotivo e un sentido de responsabilidade histórica, artellado nunha estructura narrativa equilibrada desde a que se elaboran xustaposicións entre a atmósfera do interior dunha igrexa onde se celebra a misa (coas súas imaxes e os seus sons) e o exterior.
No entanto, o poema máis denso, máis rico e, posiblemente, máis célebre relacionado con J.S. Bach non está escrito en lingua inglesa, senón que foi redixido en español polo poeta Antonio Colinas (1946) e editado hai poucos anos (2011). Trátase dun poema-libro de case cincocentos versos que son, ademais dunha homenaxe de fonda meditación á figura e a obra de J.S.Bach, unha síntese da poética do autor leonés onde están presentes os temas centrais da mesma. A saber: a celebración da vida, a concepción órfica da existencia, a viaxe, a arte, a música, o amor ou a harmonía; mais tamén os seus opostos: a morte e a desaparición, o silencio, o desafecto, a destrucción...
Colinas visita en 1996 o túmulo sobrio e de escuro aceiro de Bach na igrexa de Santo Tomé de Leipzig e ese encontro propicia ‘La tumba negra’ onde se establece xa, desde o comezo, a oposición entre esa negrura do lugar onde repousa o músico e a súa música ‘branca’: ‘Calla la tumba negra de la música blanca’ . Leipzig será a primeira estación dunha viaxe longa por cidades da antiga Alemaña Oriental (Halle, Weimer...) que se convertirá en materia para unha reflexión histórica e, á vez, para un percurso interior.
“Yo había abierto mi sed a la mansedumbre,
al goce de respirar la alegría en el amor,
cuando aquí de repente en Leipzig, lejos
del resplandor de los silencios de fuego,
mirando las entrañas tan amargas
del hormigón y acero de otros días
(las ideas con yagas de otros días,
las ideas que nacen y que hieren y mueren),
se exacerbó en mí la dualidad,
regresó el combate de contrarios,
Túmulo de J.S.Bach na igrexa de Santo Tomé de Leipzig.
“(...) hay una tumba negra de acero
conteniendo la armonía del mundo
la tumba de Johann Sebastian Bach.”
Tempo despois, Antonio Colinas e a violinista Lina Tur Bonet decidiron pór en diálogo os versos de ‘La tumba negra’ (2) cun dos cumes musicais de J.S.Bach, a Partita en re menor BWV 1004 para violín só. A Ciaccona desa partita, de 63 variacións é unha das pezas máis fermosas e complexas do repertorio bachiano para corda. Esa colaboración entre o poeta e a intérprete manifestouse por medio de diversos concertos-recitais, significando unha experiencia estética de grande altura.
A violinista Lina Tur Bonet
Así, como colofón a esta entrada de hoxe de A páxina de Goldberg anexamos un vídeo que recolle fragmentos dese proxecto poético-musical entre Antonio Colinas e Lina Tur Bonet ao redor da música de J.S.Bach...
(1) Kreiling, Jean (2005). "Not in Tune": Poets Consider the Music of Bach. Bridgewater Review, 24(2), 30-32.
(2) Poden atopar unha análise máis debullada do texto de Colinas no traballo de Clara Isabel Martínez Cantón, UNED, (2014). El poema largo en Antonio Colinas. ‘Sepulcro en Tarquinia’ y ‘La tumba negra’. Castilla. Estudios de Literatura (5) , 124-147.