Os Bolechas
Á Xanela das letras encántanlle Os Bolechas e todos os seus libros.
Unha forma divertida para ensinarlle centos de cousas ós máis pequenos da casa.
Descobre máis sobre eles en:http://www.osbolechas.com/

⁂

No title available
Keni
Cosmic Funnies
trying on a metaphor
TVSTRANGERTHINGS
almost home

Kiana Khansmith

❣ Chile in a Photography ❣

Discoholic 🪩
No title available
wallacepolsom

祝日 / Permanent Vacation
Mike Driver

#extradirty
One Nice Bug Per Day

Origami Around
h
Not today Justin
Stranger Things
seen from United States

seen from France
seen from United States
seen from United States
seen from France
seen from United States
seen from T1
seen from United States

seen from Malaysia

seen from United States

seen from Türkiye
seen from China
seen from Malaysia

seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
@axaneladasletras
Os Bolechas
Á Xanela das letras encántanlle Os Bolechas e todos os seus libros.
Unha forma divertida para ensinarlle centos de cousas ós máis pequenos da casa.
Descobre máis sobre eles en:http://www.osbolechas.com/
¿Todos listos para disfrutar de la Fiesta del Cine? Comienza la bueno… A Coruña: http://ow.ly/vcKsV Pontevedra: http://ow.ly/vcKts Ourense: http://ow.ly/vcKtc Santiago de Compostela: http://ow.ly/vcKtz Lugo: http://ow.ly/vcKtX
A Xanela nas redes
Recorda que A Xanela das Letras está en Facebook, Twitter, Pinterest e Google+, síguenos!
Tatatachan...!
Hoxe queremos recomendarvos algo especial, unha obra especial.
¿Estades intrigados?
"Gatos de película", de Susan Herbert e traducido ó galego por Rafa Salgueiro.
Ilustraciones gatunas recrean secuencias de célebres películas de todos os tempos. Clásicos do cine como "Con la muerte en los talones", "Casablanca", "Lo que el viento se llevó", "El padrino", "Cantando bajo la lluvia"… Sempre dende unha visión felina do mundo.
Algo diferente, entretido e para todos os públicos.
Hoxe Pontevedra celebra o Día Mundial do Teatro
A partir das 19.00 horas un grupo de alumnos da Escola Superior de Arte Dramática realizará unha representación teatral baixo ó título de 'Mascapáxinas'.
Ás 21:00 terá lugar o espetáculo 'As do peixe', unha obra que conta a historia de catro mulleres que se atopan sen empleo despois de anos traballando nunha fábrica de conservas da súa vila.(As entradas pódense adquirir en servinova ou na taquilla do Pazo da Cultura).
As actuacións terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra. Animádevos!
ROMPÍASME nas mans un parto de palabras mal pronunciadas, unhas sílabas mortas con significados indescifrables, un fonema de trapo, inexacto: esta mordaza, este sudario que nos acaricia; rompíasme nas mans a saba branca que empapei coa túa risa, que se nos enrrugaba aos dous nos pés. Rompíasme nas mans o miañar dos gatos atropelados, unha cidade enteira traizoando as nosas noites de bicos mal mentidos, unha cidade enteira desafiante, prohibíndome as súas rúas tardías. Case igual que as túas mans é este espello esta contemplación absurda do que non está. Rompíasme nas mans o xogo dos domingos, a cabeza dunha boneca rota arrincada de raíz para min, como trofeo impreciso dunha infancia de porcelana, o ruído dos coches dende as ventás do teu apartamento o vals da noite nos tellados grises, nos tellados rotos, bailando sobre as miserias dos outros. E bailando soñamos que eu era realmente unha muller terrible, unha femme fatale sen consideración nin sentimentos comendo nos bordes das túas feridas, nas cuncas dos teus ollos de enfermo, na estrema delgadeza das túas meixelas. E esvarando sobre os teus pés de bailarín circense, bailando sobre as formas de romperme o mundo enteiro nas mans, bailando lento foi unha, dúas, tres veces sen case perigo de matarme dunha vez e liberarme de todos estes berros dos versos rotos; só foi, bailando cunha copa de ron con cocacola light na man e a carpeta do instituto na outra.
Corpo baleiro (2007), Berta Dávila (via oldfashionedway)
A programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de mañá:
"Cociñando Contos"
Se non fuches o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, aínda estás a tempo!
Ata o 4 de abril, no Pazo da Cultura, poderás disfrutar de diferentes actividades, dende contacontos e talleres ata presentacións e exposicións de novas obras.
Pero non só disfrutarán os peques da casa, os pais tamén, xa que no Salón preténdese acercar ó mundo da gastronomía e da lectura ós adultos. Para isto dispoñen de actividades para eles como 'Facendo o conto máis doce' e 'Comer san=medrar san' nas que se poden inscribir ata o venres 28 de marzo.
Unha forma de aprender e pasalo ben en familia. Dende A Xanela das Letras recomendámosvos que pasedes por alí!
Se queredes máis información podedes consultar o seguinte link: http://www.salondolibro.org/
A recomendación de hoxe é: O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Neste conto o escritor galego narra unha historia de un amor en tempos de guerra. De esta novela fíxose unha película. Anímovos a disfrutar da literatura romántica apto para todo tipo de público.
Queremos informarvos que A Xanela Das Letras tamén está en Facebook, Twitter, Pinterest e Google +. Encontraredes toda a información nos nosos perfiles pero tamén podedes contactar con nos, estaremos encantados de axudarvos.
A cidade de Ourense ofrece no seu centro comercial Pontevella unhas sesions de contacontos para os máis pequenos da casa. A actividade estará a cargo do grupo Sarabela Teatro. Máis información no seguinte enlace: http://ccpontevella.com/portfolio-item/tardes-de-cuento-todos-los-sabados/
Noticia de última hora: Salón do libro infantil e xuvenil: "As do peixe"
Como xa anunciamos no noso facebook (https://www.facebook.com/pages/A-Xanela-Das-Letras/1451703508392717), rematamos a semana cunha noticia sobre un evento desta semana: o Salón do libro infantil e xuvenil: As do peixe", que se celebrará no Pazo de Cultura de Pontevedra o xoves 27 de marzo ás 21h! As entradas (desde 7'75 €) están a venda a través de Servinova no seguinte enlace: http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/teatro/pazo-da-cultura-de-pontevedra/3553-salon-do-libro-infantil-e-xuvenil-as-do-peixe.html
Avísamos con tempo! asi que non hai excusa para non pasarse pola cidade do Lérez a desfrutar dun día bibliófilo!!
Temos moitas ganas da estrea do filme de "A Esmorga"!
https://www.youtube.com/watch?v=vQXRYFM2flU
International Children's Book Day
Preparados para o 2 de abril? É o día internacional do libro infantil! NÓS <3 O LIBRO INFANTIL
Estamos de volta!
Que tal o entroido? Nós pasamolo chachimente! ;)
Comezamos a semana cunha recomendación literaria! Chámase "As crónicas de Landereina: Bágoas de Lúa" e a súa autora é Sabela González. A editorial Galaxia resume así esta obra: Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa. Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans. Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereia, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinatía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn avanza polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa e, con ela, co poder sobre Landereina.
ANIMÁDEVOS A BOTARLLE UN OLLO!! ;)
Audicontos
Hoxe noticia dende a editorial Galaxia, para quen non os coñeza, presentamos os audiolibros infantís
http://www.editorialgalaxia.es/audiocontos/index.html?width=480&height=320
O increíble neno devorador de libros
Do irlandés Oliver Jeffers, pola editorial Patasdeeixe