Curta realizada por LIBERA! en 2008 para reflexionar sobre a explotación dos animais nas granxas. Con música de Portishead.
will byers stan first human second
KIROKAZE
Claire Keane

#extradirty
Peter Solarz
No title available
cherry valley forever

No title available
tumblr dot com
dirt enthusiast

@theartofmadeline
sheepfilms

祝日 / Permanent Vacation
he wasn't even looking at me and he found me
almost home
Cosimo Galluzzi
styofa doing anything
art blog(derogatory)
ojovivo
h

seen from Türkiye
seen from United States
seen from Syria

seen from Germany
seen from United States

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from United States

seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from United States

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from Bangladesh

seen from Bangladesh
@praza-vivo
Curta realizada por LIBERA! en 2008 para reflexionar sobre a explotación dos animais nas granxas. Con música de Portishead.
Tocar animais salvaxes?
Nos últimos anos a aprobación da Lei 31/2003 de conservación da fauna silvestre en parques zoolóxicos (incluíndo os acuarios) trouxo novidades con respecto ao tratamento que as persoas podían dar aos seres vivos que "residen" neste tipo de establecementos.
O espírito desta normativa que leva xa 9 anos en vigor aínda que non o pareza, reside na transposición da Directiva 1999/22/CE que procuraba un cambio de visión dos zoos cara espazos de conservación real dos animais.
Tantos anos de leis non serviron de moito. O pasado mércores a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo debatiu unha queixa de LIBERA! precisamente polo incumprimento sistemático, reiterado e ata vergoñento da normativa vixente de protección da fauna salvaxe nos establecementos zoolóxicos radicados no territorio galego.
Os donos dos parques non aprenden, e semella que só queda a opción da multa e do peche cautelar. Recintos como Corax, en Paderne, ou Marcelle Natureza, en Outeiro de Rei, demostran como os zoos son máis semellantes aos circos que aos hábitats naturais dos animais. Estes dos parques nomeadamente permiten que os visitantes toquen especies sensiblemente salvaxes, e en todo caso, dunha forza e perigo descomunal... o "toca-toca" non reflicte unha conducta conservacionista, pois é contrario a toda lóxica que un animal salvaxe sexa domesticado se a idea inicial (ou iso pretende a lexislación actual) é promover a reintroducción.
Se un lobo, tigre ou calqueira outro animal remata amansado nun parque, de que serve a conservación entón?. Todo iso sen entrar na cuestión da cautividade, un suplicio para calqueira ser vivo. Pero e que nin tan sequera eles cumpren coas leis.
Potencialmente perigosos? A nomenclatura empregada con certas razas de cans supón unha evidente criminalización.
Perigosas son as persoas, non os animais aos que se adestra dun xeito inadecuado. Diferentes profesionais e especialistas en etoloxía canina advirten da situación e do problema que supón unha normativa inconclusa.
Lanzámonos, por 2ª vez, á producción dun anuncio contra as touradas para emitir nas radios galegas. Xa temos o 50% do orzamento necesario (precisamos 1000€ en total) que servirán para producir, editar e emitir a cuña. E tamén temos un apoio moi necesario, a música de Susana Seivane, unha mostra de forza da verdadeira cultura deste país.
Europa da cidadanía vs Europa das touradas
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas da que forma parte o noso colectivo, ven de publicar unha comparativa sobre a postura de diferentes formacións camiño do 25 de Maio, e de como se poden comportar estas candidaturas o día despois.
"O preocupante non é a perversidade dos malvados, senón a indiferencia dos bos"
Martin Luther King
Existe unha realidade e existe unha ficción posible. A realidade son os casos de maltrato animal, de extrema violencia, que se deron en menos de 48 horas no noso país. Tiroteos de cans por parte de persoas que desfrutan nas fins de semanas do deporte da caza...
E dende logo a ficción á que non renunciamos, que supón transformar estas conductas e reprimir con maior dureza o maltrato e o abandono. Unha ficción que depende de xeito necesario da implicación das administracións públicas... e niso estamos, loitando contra a Xunta e as dinámicas.
Maltrato animal a 30€
O marco normativo que impón as sancións por actos de maltrato animal, nun senso amplo, quedou desfasado. Unha Lei do 93 e un Decreto do 98 completan un panorama moi negativo.
Como exemplo evidente quedan as ínfimas multas que plantexa a lexislación vixente, dende os 30€ pódense maltratar, deixar morrer de fame, atar todo o día a un animal... e isto é ben coñecido polos impunes.
Por iso, coa forza que suma a cidadanía, lanzamos unha petición para apoiar a iniciativa parlamentar que estamos a preparar xunto deputad@s de AGE. Podes asinar na seguinte ligazón http://chn.ge/1gsZtf3
Transporte público e animais
A necesidade de impulsar a convivencia entre veciñanza e animais domésticos é dunha lóxica elemental. Máis do 40% dos fogares galegos contan con mascotas como un membro máis da familia.
Lanzamos unha campaña de participación cidadá baixo o nome #enmendacidadá, que pretende artellar todas aquelas iniciativas e propostas cívicas para mellorar o benestar e protección dos seres vivos e canalizalas a través do sistemas lexislativos municipais. As túas ideas chegarán aos plenos!
Agora xa podes asinar a 1ª destas iniciativas, por unha entrada inclusiva de animais no transporte público colectivo da Coruña. ASINA AQUÍ.
As mentes máis profundas de todos os tempos sentiron compaixón polos animais
Friedrich Nietzsche
Seguimos a construír unha cidadanía comprometida e con máis coñecemento de cómo podemos desenvolver campañas exitosas contra o maltrato animal.
Pensas perdelo?
A reforma conta con ducias de xornais ao seu favor, pero ningún ser humano.
Henry David Thoreau (modificada). Un exemplo do que sucede co entramado taurino, que conta co soporte de determinados medios de comunicación, pero non co apoio social.
Non todo vale, máis os taurinos pensan que sí, e por iso levan ao redor dun mes lanzando infundios e mentiras sobre o traballo das persoas que adican o seu tempo a rematar coa aberración das touradas.
Falan de altas remuneracións, de financiamento de partidos políticos... cualifican como "neonazis" á cidadanía, e continúan a facer apoloxía do maltrato animal.
Unha fonda reflexión
Retomamos o blogue para tentar provocar unha reflexión sobre o papel de colectivos como o noso e da cidadanía en xeral.
Algo estaremos a facer mal cando, segundo datos da Xunta, no periodo 2009-2012 tan só houbo 18 sancións por infraccións graves ou moi graves da Lei 1/93 de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade. Un dato que extrapolamos moi negativamente á situación que viven cada centos de animais na nosa terra... Qué está a suceder?
Este dato amosa unha realidade que ten dúas vertentes, por unha banda a falta de medios públicos para atallar problemáticas como o abandono ou o propio maltrato cara os animais, e por outra a nula actividade das entidades protectoras e dos colectivos animalistas na denuncia activa dos casos que chegan as súas mans e tamén que pululan nas redes sociais, moi activas na denuncia pasiva, prácticamente inútiles segundo vemos.
Dende LIBERA! xa anunciamos a nosa disposición a impulsar medidas de sensibilización para empoderar á cidadanía no exercicio da denuncia dos casos que sucedan. Non podemos permitir que o maltrato animal continúe a ser tan barato.
Se ben é certo que no periodo de tempo descrito a nosa entidade dirixiu cara as Fiscalías de Medio Ambiente da provincia numerosas denuncias por situacións relacionadas coa práctica das pexas, hai que manter a autocrítica, pois só así podemos continuar traballando con humildade e con efectividade.
Veciñanza activa contra as touradas. O video que amosa a "pouca" xente que participou na 1ª manife abolicionista da Coruña.