Imos alá cuns tomatiños recheos gratinados, unha receita moi completa e saudable, á par que sinxela e saborosa. Nós decidimos enchelos de carne picada, cabaciña e cogomelos, pero existen centos de convinacións cos que rechear os vosos tomates.
Os ingredientes que utilizamos foron:
Catro tomates grandes maduriños
Uns 250 g. de carne magra de porco picada
Uns 150 g. de queixo relado
Cinco cogomelos pequenos
Media cabaciña (calabacín) mediana
Uns 100 ml. de salsa de tomate fritido
Unha cebola mediana
Un dente de allo
Viño branco
Aceite de oliva
Pirixel
Sal fino
A preparación que levamos a cabo foi:
1. O primeiro foi pelar a cebola e o allo e cortalos en anaquiños, para logo poñelos nunha tixola, con aceite de oliva, a refogar a lume lento.
2. Despois lavamos a cabaciña, os tomates e os cogomelos. Cortamos os tomates de modo que queden como cun sombreiro ou unha tapa.
3. Cortamos media cabaciña en dadiños, e facemos o mesmo coas tapas que lle quitamos aos tomates.
4. Engadimos á tixola a carne picada e os anaquiños de tomate e cabaciña. Aderezamos con pirixel e sal ao gusto, e deixamos cociñar a lume medio.
5. Mentres tanto, cortamos en pequenos anacos os cogomelos, e baleiramos os tomates aos que lles quitamos as tapas.
6. Engadimos tamén á tixola a polpa que retiramos dos tomates e os cogomelos cortados, e regamos todo cun chisco de viño branco.
7. Cubrimos o fondo dunha fonte (apta para o forno) coa salsa de tomate, e colocamos sobre a salsa os tomates que tiñamos baleiros. No fondo dos tomates, puxemos un chisco de queixo relado, e metémolos no forno (xa quente) con calor só por abaixo, durante 5 min. a 180ºC.
8. Cando o contido da tixola abrandou por completo, sacamos os tomates do forno e enchémolos coa mistura.
9. Por último, cubrimos os tomates recheos con máis queixo relado e volvémolos meter no forno, esta vez con calor por arriba e por abaixo, ata que o queixo gratinou.
Consello final: Se cando o queixo vaia gratinado, os tomates aínda están algo duriños, podedes cubrilos con papel de aluminio, apagar o grill e deixalos no forno un chisco máis ata que estean brandiños.
Agora que xa o sabedes todo sobre como se fan estes tomates, xa podedes poñervos mans á obra.
Hoxe imos preparar un prato sinxelo, lixeiro, delicioso e saudable, ideal tanto como entrante como para cear.
Os ingredientes que necesitaremos son:
Unha berenxena
Unha cabaciña (calabacín) pequena
Media ducia de cogomelos
Uns 150 g. de xamón cocido
Uns 200 g. de queixo graxo relado
Uns 100 ml. de salsa de toma frito
Aceite de oliva
Alfábega
Sal fina
E o proceso de elaboración que seguiremos é o seguinte:
1. Lavaremos e cortaremos en lascas finas a cabaciña e a berenxena e en anacos os cogomelos.
2. Cubriremos, cunha cullerada de aceite, o fondo dunha fonte apta para forno.
3. Colocaremos na fonte unha serie de lascas de berenxena, de forma que queden un pouco superpostas unhas sobre as outras, formando ringleiras.
4. Botaremos un chisco de sal e alfábega ao gusto por riba de cada ringleira de berenxena.
5. Sobre a berenxena, iremos colocando lascas de cabaciña, tamén superpostas.
6. Botaremos un chorriño de salsa de tomate por riba de cada ringleira de berenxena e cabaciña, e sobre a salsa poñeremos un pouco de queixo relado.
7. Engadiremos outra capa de berenxena, sazonada con sal, e outra de cabaciña (desta vez sen superpoñer), con salsa de tomate por riba.
8. Sobre a cabaciña con tomate iremos colocando xamón cocido (cortando cada loncha de xamón lonxitudinalmente en tres, formando con cada anaco un cadrado do tamaño das lascas de cabaciña).
9. Enriba do xamón, poñeremos un pouco máis de cabaciña (media lasca sobre cada cadrado de xamón) e un chisco de tomate para decorar.
10. Se queda espazo entre as ringleiras, tamén botaremos salsa de tomate.
11. Cubriremos todo cos anaquiños de cogomelo e o queixo relado, antes de meter a fonte no forno onde cociñaremos durante uns 15-20 minutos, a 200ºC con calor por arriba e por abaixo (grill). E ao rematar ese tempo, a comer!
E se sobra (cousa improbable jaja) non vos preocupedes, porque sabe igual de ben, ou incluso mellor, ao dia seguinte, quentándoo no forno ou no microondas.
Traballo para mañán en #DirecciónCociña #XPCO #ProdutosTempada #Qm0 A limpar #cogomelos #formaciónprofesional (en CIFP Carlos Oroza) https://www.instagram.com/p/BqdNj2DAy3p/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=4fu4tnudpw83
Maltratamos o #monte mais él sempre decolve moito máis do que recibe #outono #cogomelos #natureza (en Galicia, Spain) https://www.instagram.com/p/BqHyoeQgiOX/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=ye0ba6cweblw
#CampDC hoxe primeiro capítulo de #Identificación #cogomelos #formaciónprofesional #ToBeContinued (en CIFP Carlos Oroza) https://www.instagram.com/p/BqFETHPAjsd/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=14exhcinlvm4s
Aprendendo dos #expertos da #Asociación #Brincabois #cogomelos #boletuserythropus (en Bodegon Arca) https://www.instagram.com/p/Bp0CGhngEAP/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=3miax395kx2n