La Zattera: i 74 giorni di Fogar e Mancini (con l'amichevole partecipazione di Giorgio Terruzzi)
seen from Austria
seen from United States
seen from Germany
seen from Italy
seen from Malaysia

seen from United States

seen from Australia

seen from Singapore

seen from United States

seen from United Kingdom
seen from Indonesia
seen from Netherlands
seen from United States
seen from China
seen from United States
seen from United States

seen from Australia

seen from United States
seen from China

seen from United States
La Zattera: i 74 giorni di Fogar e Mancini (con l'amichevole partecipazione di Giorgio Terruzzi)
Fogar (2018)
#illascies🏝 #farodecies🚨 #galiciacalidade💙 #galiciamaxica🌠 #fogar #belezanatural (en Illas Cíes) https://www.instagram.com/p/Bmp7Pz0lS2s/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=1cpgd9l36q0ju
con el corazón pintado #fogar
Fogar (Raiba)
Lanzan unha campaña para desintoxicar os fogares
Moitas sustancias químicas de probados efectos tóxicos están presentes nos nosos fogares. Formando parte de materiais de construción e decoración, de pinturas, de produtos de limpeza, de cosméticos, de plásticos,...., por non falar dos alimentos. Sustancias que por diversas vías poden acabar no noso corpo e deteriorar a nosa saúde. Non só estamos expostos a estas sustancias nas nosas casas, mais é nelas onde podemos facer máis a nível individual para minimizar a exposición. Para nos axudar nesta tarefa a Fundación Vivo Sano promove a campaña Fogar sen tóxicos.
Durante as últimas décadas multiplicouse a cantidade e a variedade de sustancias químicas sintéticas. Hoxe prodúcense millóns de toneladas de centos de miles de sustancias diferentes. A inmensa maioría foron postas no mercado sen ningunha avaliación dos seus posíbeis efectos negativos no ambiente e na saúde humana. A información científica dispoñíbel é aínda moi limitada, mais xa se identificaron 1.500 sustancias carcinoxénicas e mutaxénicas, 3.000 alerxénicas, 1.500 disruptoras endocrinas -imitan ou alteran a acción das hormonas interferindo no sistema endocrino-, 3.000 alerxénicas... A presión da poderosa industria química fai que esteamos moi pouco protexidos fronte aos tóxicos nos fogares e á contaminación química en xeral, especialmente os grupos máis vulnerábeis, coma os nenos e as nenas ou as mulleres embarazadas.
Entre as sustancias tóxicas presentes nos fogares inclúense “algunhas das sustancias contaminantes que máis preocupan aos científicos, como algúns ftlalatos, retardantes de chama, compostos perfluorados, compostos voláteis,... Sustancias que, segundo os casos, infindade de investigacións asocian a incrementos do risco de padecermos problemas tais como o cancro, asma, infertilidade,...”.
Concienciación e presión política
A concienciación cidadá é un eixo central da campaña “Fogar sen tóxicos”, que conta coa colaboración de diversas entidades, como CCOO ou o Fondo para a Defensa da Saúde Ambiental. Para iso, creou unha web onde de forma didáctica se amosa o problema e as posíbeis solucións.
Outro eixo fundamental da campaña é a presión política. As Administracións públicas “están facendo unha grave deixación de funcións”. Desde “Fogar sen tóxicos” exixen “o control adecuado e, no seu caso, a substitución inmediata e obrigatoria de todas as sustancias que poidan prexudicar de forma singular a saúde no fogar”. As súas propostas concrétanse nun Chamado a responsábeis sanitarios e de medio ambiente.