seen from France
seen from Türkiye

seen from United Kingdom

seen from Malaysia
seen from China

seen from Türkiye

seen from United States
seen from France
seen from Austria

seen from Türkiye
seen from United States
seen from United States
seen from Türkiye

seen from United States
seen from United States
seen from Türkiye

seen from United States
seen from South Korea
seen from China
seen from South Korea
Imos ir repasando algúns dos proxectos máis interesantes que traballan en Galicia para a creación, preservación, dixitalización e divulgación de arquivos. Comezamos por Proxecto Socheo, un arquivo audiovisual comunitario que desde A Guarda trata de recompilar a memoria da súa bisbarra, cun activo blog e canal en Youtube. No vídeo tedes unha boa síntese do proxecto. E así nolo explica Beli Martínez, unha das súas impulsoras e participante na rede “Abrir os arquivos”.
Proxecto Socheo é un intento de contrarrestar o impacto do esquecemento que produce o paso do tempo na vila da Guarda e na bisbarra do Baixo Miño. Por medio desta canle preténdese xuntar nunha mesma plataforma todas aquelas imaxes en movemento que supoñan un reforzo para evitar a fraxilidade da memoria colectiva. Vivimos en tempos onde a diario se desbota unha chea de material audiovisual e aquí pretendemos xuntalo e preservalo para, deste xeito, axudar a enriquecer o patrimonio da Guarda. Proxecto Socheo é unha maneira de repensar o pasado, facelo presente e re-dimensionalo para o futuro. A intención deste proxecto é convidar a quen posúa imaxes da Guarda e das súas xentes a que amose os seus arquivos e con eles axude a engrosar este proxecto común.
Proxecto Na vea cívica
Espazo de traballo.
Documento base.
Grupo en rede.
La música electrónica también se exporta desde Galicia.
http://www.go-mag.com/es/musica/reportajes/electronica-gallega_r91/
AS BANDAS GALEGAS QUE DESTACARÁN NO 2014 - DESCONCIERTO
Desconcierto fai unha mirada distinta maneira de recopilación tradicional, numerar as mellores bandas do ano. En vez de facer unha recollida en base ao pasado o fan pensando no futuro.
Éstes son os grupos destacados:
CAZADOR (Valga)
DISCO EPISCOPAL: Aloe Perra y Paspi Vicio (Lugo)
ESQUELAS (A Coruña)
ESTRAMBOTE (Vigo)
FOGBOUND (A Coruña)
INCURABLE (Valga)
KOROKATI (A Coruña)
LADY LEÑO (A Coruña)
LED (A Coruña)
MUSEL (Lugo)
PÁLIDA (Vigo)
PUMA PUMKU (Santiago)
SIMIOS (A Guarda)
TRILITRATE (Vigo)
http://desconcierto.com/musica/Destacados/14-bandas-gallegas-para-el-2014
PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA
Hoxe traemos un proxecto moi interesante, que a pesares de que xa se celebraron a finais do ano pasado, no queremos perdernos a oportunidade de destacalo xa que se vai seguir facendo.
Os Premios Galegos da Música nacen para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas; revelar novos talentos e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.
Os Premios Galegos da Música Martín Códax están promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo, e nacen nun contexto que reborda creatividade musical pero adoece de apoios, de recoñecemento, de visibilidade e dunha industria capaz de facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico, un sector que, no caso de ser dimensionado –asunto nada sinxelo-, moi probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con máis potencial para a cultura galega.
Están destinados a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo : grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia, ou fora de Galicia, pero por músicos galeg@s.
Si estás interesado estate atento para este novo ano, que estamos seguros que seguirán adiante.
#proxectos #logo #Illustrator