Early Birds
No title available

⁂

ellievsbear
occasionally subtle
DEAR READER
styofa doing anything
$LAYYYTER

No title available
NASA
hello vonnie

@theartofmadeline

shark vs the universe
Cosimo Galluzzi
Xuebing Du

JVL
cherry valley forever
KIROKAZE

pixel skylines
Jules of Nature
Lint Roller? I Barely Know Her

seen from United States

seen from Canada
seen from United States

seen from Malaysia

seen from United States

seen from Singapore

seen from Türkiye

seen from United States
seen from Italy

seen from Spain
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from Malaysia
seen from United States
seen from United States
seen from United States
@xmanoel
Early Birds
Pois sí, isto ven sendo o "White Album" dos Beatles, pero en modo "easy listening" e cunha cousa ben curiosa ... cun sintetizador Moog en 1968! En 1968, e apenas 2 meses despois de publicar o White Album. Vaia, que rápidos foron. Ramsey Lewis - Mother Nature's Son
Segundo contou o señor Lewis máis tarde:
"I didn't think that they had enough songs to do an entire album but he gave me a copy of the White Album and told me to listen. I did, but couldn't see how I could do anything with it. He was like 'You didn't really listen.' So he arranged a few songs for me and then it was, I get it now."
En xeral non dou eu un duro pola música asi instrumental coma moi suave e moi de andar de fondo, pero ... bueno, neste caso si me chamou a atención. En parte porque coido que o White Album da para versións bastante chamativas e por outro lado, eses toques de sintetizador Moog que saen son moi chamativos.
Anuncian que agora no 2026 regresan Sigur Ros (que non sabía eu que seguían facendo xiras) a tocar ó Coliseo de Porto. E eu tiña a lembranza de ... que eu estivera nun concerto de Sigur Ros alí. Ou iso creía. (No Coliseo estiven tamén nun concerto de Sonic Youth). E mira, buscando información do tema... din con que un rapaz portugués tiña grabado as actuacións. E fíxome moita ilusión poder ter unha grabación de coma fora ese concerto. Por unha vez e que non sirva de precedente, alguén fixo moi ben en 2013 de grabar o concerto e molestar á xente que estaba detrás ca súa cámara. (Por certo supoño que este concerto non o grabou cun móvil, vese moita calidade e moi bó son). E por certo tamén gracias a Youtube que non borrou o video nen nada.
Lopez Mora ↗️ Camelias
Vaia portadas que gastan estes ... sutilezas as mínimas. Pero bueno a música de Jamaica sempre foi un pouco do choio...
Auditorio Nacional (de Música)
Aclaro o de "(de Música)" porque se buscas Auditorio Nacional en internet saeche sempre o de México e non o de España. Se lle pos o de Auditorio Nacional de Música si vai á páxina do que temos en Madrid. Pois vou ser sinceiro que non tiña moi claro onde quedaba. Si sei do Teatro Real, pero o Auditorio non sabía por onde estaba... pero uso bastante a Liña 9 do Metro para ir cara Chamartín e de tanto pasar reparei que a estación Cruz del Rayo está decorada con referencia ó Auditorio.
E logo para completar a historia pois fun mirar que concertos tiñan programados e se había dispoñibilidade e que prezos había e ... a verdade ben, conseguín sitio, non me pareceu nada caro e non tiven que reservar con moita antelación (en isto mellor que mercar entradas para grupos de Indie Pop!). E unha cousa que din en pensar. Ó final o Auditorio este é Nacional. Vamos que o paga toda España, non só Madrid. Así que en realidade fixen ben. Non sei se a Orquesta Nacional fai xiras por toda España ou coma vai o choio, pero bueno, que si que ó final os de fora si temos unha parte do que fan ahí. E no meu caso, xa puden disfrutalo. Para outra visita a Madrid vou ver que tal me encaixa e tento ir outra vez.
Ghibli art!
おもひでぽろぽろ/Only Yesterday - 1991
Aproveito para compartir aquí unha imaxe dunha das miñas películas favoritas de Ghibli... (que claro que son super fan das de Miyazaki, pero tamén gosto tanto de esta de Takahata que a teño visto varias veces!). Que en realidade este post vai, de que Ghibli, farto de que teñan utilizado as súas imaxes para estes famosos filtros de AI... Pois deixou online unha colección de imaxes (que eles consideran especialmente relevantes) das súas películas para que as podades usar personalmente sen intencións comerciais ou políticas ou difamatorias. https://www.ghibli.jp/works/
Dek Sound
Veño de descubrir un choio que comezou a aparecerme no Instagram, uns videos así curtos duns tipos na India que estaban reproducindo música moi rítmica (con elementos indios pero tamén sons electrónicos) moi distorsionada ... Algo así:
¿Que era isto? Pois non hai moita info pero isto en teoría ven dun choio que funciona moito na parte rural de Bengala (ó norte de Calcuta), que chaman DEK BASS (Dek de Casette Deck e Bass pois obvio!). Ainda non entendo moi ben o tema porque hai moitos videos de xente movendo os triciclos cos altavoces e xente vendo coma reproducen a música pero ... pouco se ve de ninguén bailando ou facendo algo. Coido que o máis interesante do tema ven sendo este video dunha pequena festa nun pobo perdido onde hai varios de estes tipos facendo soar os seus cacharros:
Ou tamén descriptivo de coma funciona todo este choio, este video que fixeron xusto dunha xuntanza que había de moitos de estes equipos de son o 1 de Xaneiro do 2026.
E curioso porque eu só vira 1 vez Pulp Fiction. Ou se cadra dúas, unha das veces que emitiron a mitiquísima dobraxe en galego na TVG: non empezemos a chuparnos as pirolas ainda!
Pois unha ou dúas, non a vira moitas veces e lavaba máis de 10 anos sen tela visto de novo. O outro día deume por elo, e sorprendeume moito que ... ¡lembraba todo todo! Incluso moitos dos diálogos. Ordiá! Vaia curioso porque por contra con moitas outras películas sucedeme que descubro que teño esquecida moitas partes da trama, ou peor ainda. Xa me ten pasado de pillar unha película comezada, e só a metade da película caio na conta que ... xa a tiña visto! (Tamén é certo que cando lle dou tempo e conectei cas lembranzas xa estou fastidiado porque entón recordo a película e xa non me apetece seguir!. Pero bueno o que si que teño que admitir que lembraba toda a película excepto este pequeno detalle, no que resulta que a sobredose de Mía non é ca súa sustancia se non ca droga que levaba Jules na chamarra. E con este pequeno detalle entendo xa un pouco máis o agobio de Jules (non só pasou estando el presente, se non que lle deu por culpa del) e tamén porque foi onda o camello que lla vendera: quen mellor para saber que facer no caso!
Superpoñendo o mapa do metro de CDMX cos límites da illa de Tlatelolco-Tenochtitlan. Ainda que bueno, a Tlatelolco tocaronlles moi poucas estacións! (Mapa del metro de Ciudad de México superpuesto al mapa de los límites de la isla de Tlatelolco-Tenochtitlan).
Por certo que nos fixemos un día o percorrido de dar a volta a toda a illa de Tenochtitlan por rúas actuais. Empezamos por metro Cuautemoc, que se ben non está no límite, con andar un par de rúas xa chegabas ó limite da illa. E logo fomos camiñando.
Via: En torno a la superficie de México-Tenochtitlan en 1.519
13eme Arrondissement Paris
Os de ListenBrainz van engadindo algunhas gráficas novas, e está curiosa a do meu top15 de artistas. Coma vedes de cando morreu Brian Wilson tiven un momento de escoitar moito os Beach Boys (e King Gizzard). [Pero coido que esa gráfica está un pouco distorsionada, coido que foi un día de verán que deixei o móvil reproducindo e estaba en modo repetición así que estivo reproducindo todo o rato estes dous grupos durante 6 ou 7 horas). O resto da gráfica encaixa moito. Un comezo de Ano no que escoitei moito a Bad Bunny e tamén tiven un antollo de re-escoitar a P-Five. Logo no verán si tiven tamén ganas de re-escoitar ós Beatles, e agora en Setembro tiven o meu mes de darlle a tope a Charlie Parker. No verán ademáis de escoitar moito a Beach Boys coma consecuencia do falecemento de Brian, tamén morrera Sly Stone e repasei toda a discografía del.
O icónico e casi inmutable logo de La Iguana Club (en Vigo).... ven de ter un pequeno cambio.
Que non é que pasara a negro sobre vermello (o logo de La Iguana sempre fou utilizado en varias cores), se non que eliminaron as letras de embaixo e meteron os raios (supoño que por David Bowie).
Non imaxinaba que unha das localizaciones top que ofrece Madrid para as pelis eran as Colmenas. (Non o imaxinaba, pero teño que admitir que o lugar ten una imaxe moi forte e visualmente abraia).
Os dos premios da música xaponesa fixeron este ano un tributo a YMO (Yellow Magic Orchestra). Hai un concerto en directo que teñen subido a Internet. Eu poño aquí a versión que tocaron de CUE, que é unha das miñas cancións favoritas:
O concerto completo esta nesta Playlist: A Tribute to YMO - SYMBOL OF MUSIC.
Ah, tamén como curiosidade e coma algo bastante vistoso, tiñan un video de comezo da ceremonia na que decenas de artistas reinterpretan Rydeen:
Vaia, veño de descubrir que no 2013 cando paseaba polo centro de CDMX saquei unha foto a este edificio, que claramente é bastante chamativo.... ... e logo a toro moi pasado (coido que hai un par de mesees) descubrín que ese edificio é o máis estreito da cidade. Este es el edificio más estrecho de la CDMX