
JVL
sheepfilms
Keni

Product Placement

❣ Chile in a Photography ❣
d e v o n
🪼
let's talk about Bridgerton tea, my ask is open
Monterey Bay Aquarium
Stranger Things
wallacepolsom
TVSTRANGERTHINGS
Mike Driver
cherry valley forever

roma★
h

Andulka

Love Begins
occasionally subtle
Noah Kahan

seen from Malaysia

seen from Türkiye
seen from Türkiye
seen from United States
seen from Türkiye
seen from Türkiye
seen from Bangladesh
seen from Austria

seen from United States

seen from Morocco
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from Türkiye
@caracusta
¡Vai vaca o regho, please!
¡VAI VACA O REGHO, PLEASE!
As balocas de sedo bótanse en xaneiro e cóllense en abril, as de tarde pódense empesar a botar xa en marzo para empezar a collelas en xunio, e as que se boten en abril téñense que coller de xulio a aghosto. O millo hai que botalo nada máis empezar o verán e as coles déixanse para Difuntos...
O loro que a Consellería do Medio Rural da Xunta non tarda en sacar ditas recomendacións no Diario Oficial de Galicia. E respondo polo que digho. Paréceme a min que fomos moi “esfoghetados” co tema este do euro, pensábamos que íbamos a poder coller as patacas sin ter que sachalas, e agora resulta que cando xa as tíñamos que estar apañando van e dinnos que disque lles entrou a peste. Apostamos o pouco ou nada que tíñamos a que desta iamos a ser por fin europeos, que no nos dou nin por mirar si viña con cláusula, nin tampouco por leer a letra pequena, resultando que aquél futuro élitista que tanto nos afanamos en ter non concorda para nada con este que nos venderon.
Daquela no sabíamos, pero hoxe está máis que comprobado que a estas alturas da europeización, os políticos polos que estuvemos votando ata agora non son os que nos van a salvar da que se nos está a botar encima. As posibilidades de que Rajoy-Lalá e os seus 40 ladróns nos saquen deste timo-crisis no que nos metemos son completamente nulas. Primeiro, por que foron presisamente eles mesmos os que nos meteron nela, e seghundo, e mais aclaratorio, por que ningún destos señoritos que nos goberna traballa para defender os nosos intereses, sinon para protexer os daqueles que lles están a encher o “buso”, banquieros e grandes empresarios na maioria. A diferencia do que nos queren faser creer, eles non son ninguén, non son máis que unha manada de fantoches. Hoxe o poder non reside nos gobernos, sinon na banca e nos mercados especulativos, e mentras a Comisión Europea, o Banco Central e o Fondo Monetario lle sigan decindo o que teñen que faser, o patriotismo de Rajoy e os seus compinches no nos vai a dar mais que "chufas” nas nosas leiras.
¡Hai que urbanizar mais! -decian os do PP e os do PSOE- ¿acordádesvos?
¡No ladrillo e no semento está o cresemento!
¡Tremenda chorrada, como si xa non tuvéramos alboios abondos! ...E empesamos a deixar de botar os terreos para empesar tamén nos a especular non eles. Vendémoslle as leiras os grandes empresarios para que construiran naves industriales porque xa éramos máis europeos do que galegos, e os que xa eran máis europeos do que nós empesaron tamén a faserlle préstamos os bancos españoles, e estos a sua vez déronlle créditos os promotores e constructores para que fixeran as casas que nós acabaríamos por comprar cos cartos que nos deron polos mismos terreos. Os mais afortunados que tiñan algunha leira vendérona ben vendida -desíamos todos- , e os que non pediron un crédito; e deste xeito, a “parba” que acostumbrábamos a tomar cada vez que botábamos un par de reghos, pasou de repente a ser un botellón, e do botellón pasou a ser unha festa da exaltación de calquer cousa para mostrarlle o mundo que tan europeos podiamos chegar a ser. Así ata que no 2008 dóullenos a peste as balocas, e a burbuxa inmobiliaria volveu a deixarnos ver cal era o verdadeiro proposito para o que se fixeron as cabaceiras.
Non fai falta ter un master en agronomía nin explicarvos o que é o capitalismo para darse conta de que unha vez máis nos vai tocar volver a desmontar os terreos. Os 100.000 millóns de euros do “rescate” o sistema finansieiro español, aprobado por Guindos e a Troika, ten como único fin que a banca española salde as suas deudas con Alemania, e a nos pódennos ir dando moito por donde rompen os cestos.
¿Que pensábamos, lo?, ¿ que os alemáns nos iban a sacar desta pola nosa cara “ghuapa”?
Seamos realistas, os teutonos non están a faser nada que nós non tivésemos feito de estar nos pantalóns deles, o fin de contas non deixa de ser a mesma xogada ca que nos endeudamos antes a Venezuela, Arxentina ou a Bolivia, salvo que estos agora parece que non foron tan parbos coma nós.
Asumámolo, como sociedade chegamos a un punto en que a nosa moralidade deixa moito que desexar: sin apenas amosar respeto ningún pola nosa lingua e pola nosa cultura, o galego medio non xa só non se indigna ca corrupción, sinón que ainda por riba aposta por ela. Ironicamente, os valores de dereitas que tanto nos gusta defender acabaron por volvernos máis “marxistas” que o propio Groucho Marx: "estos son os meus principios, si non vos gustan teño outros".
Valores que de seguro pasarán de xeneración en xeneración, e que os nosos fillos, unha vez acaben a sua carreira, os seus masters e os niveles de B1 en idiomas, poden de inmediato empezar a disfrutar, aínda que teña que ser nun pais extranxeiro.
¿A que o final non vai resultar tan disparatado aquela coña de que o fururo dos galegos está en volver a botar os terreos?. Bueno, en eso ou en seghir emigrando.
Levar o burro a Serres
Cada pobo herda e mantén as súas crenzas e tradicións pasándoas de xeración en xeración sen que, na maioría dos casos, nos preguntemos nunca nin de onde veñen nin para onde van, algunhas calando tan fondo na xente de ben que convértense misteriosamente en firme relixión e outras, case sempre as máis afíns a pasalo ben, rematan por ser vítimas das modas ou simplemente desaparecen. O noso Entroido é un bo exemplo disto último.
Ata ben entrado o século XX era totalmente aceptada a orixe romana do Carnaval (Carne-levare) que significa "abandonarse á carne", pero hoxe en día son xa moitos os autores que vinculan esta festividade coa deusa celta Carna, patroa da fartura e da abundancia. Contábanos a miña bisavóa Nocha que cando ela era moza, e aínda que se comían orellas e filloas segundo os ovos que houbera, o Antroido era máis unha festa belicosa -"sitotera" decía ela- do que farturenta ou luxuriosa. Os mozos que se disfrazaban, normalmente de branco, corrian detrás da xente con látegos feiros de vexiga de porco, con corres de bimbio ou mesmo con fumeiros, e ún tiña que facer mil "gharatusas" para escapar deles sinon quería que lle "soscasen". Eu ainda me acordo de ter levado de rapáz algún que outro rescoldo de tan ancestral costume. Os mozos do lugar de Baño acostumaban a levar o burro a Serres no Martes de Carnaval, unha práctica que consistía en procurar entrar no lugar d’Abaixo cun burro feito ca esfollada do millo e que cargaban ás costas coma se dun ídolo guerreiro se tratase. Excúsovos decir que aquelo viraba unha auténtica batalla campal donde todo "se valía" menos, supóñome, darlle a un cun sacho detrás do pescozo. O climax do drama chegaba pouco despois de pasar o que hoxe vén sendo a rotonda que nos desvía para o "aeroporto de Ventín", alí agardávanlle os "Nasoreanos" (1) apostados en pelotón a ambo-los lados do camiño e tan pronto como o "Burro" cruzaba a linea limítrofe desatábanse os ánimos e empezaba a contenda. O camiño quedaba totalmente cortado mentras un dos dous bandos non chamara a desplegarse e si algunha vella subía para ir a novena tiña que foderse e botarse a "eito" polos terreos ou dar a volta pola Agra si non quería ser abatida. Meu pai que combateu por moitos anos nas filas dos "do Carmen" (2) cóntame que en realidade, e a pesar de que en Baño aos de Serres se os coñece por "Os do Burro", o animaliño nunca entrou no lugar, nin no d'arriba nin no d'abaixo, pero eu, que son fillo do meu pai e supoño que tamén un mal perdedor, deime a licenza de imaxinar un final algo mais esperanzador para os nosos, e dibuxar os "Antonáns" (3) de Badernado mandando un batallón de reforzos na nosa axuda en lugar de manterse neutrales como sempre o fixeron.
Por desgracia as modas van e veñen e a cultura moderna que herdamos non solo nos civilizou a nós sinon tamén as nosas tradicións, e hoxe en día, ca excepción d'alguhas partes de Ourense, o noso Entroido no é nin unha mera alusión ao que xa foi. Que ninguén me leve a mal, non quero decir con esto que outras costumes mais...¿vistosas? sean menos acertadas, o fin de contas tamén nos gusta "maghear" os santos para sacalos en precesión, a pesar de que o rigor sea aquí a presmisa; en uotras palabras, o que eu quero decir é que ainda que con estes toques dogmáticos dos que somos tan amigos non se lle fai mal a nunguén, sería bo que como pobo nos preguntásemos si ¿verdadeiramente son estos os nosos valores reales?, para axiña respondernos que en ese aspecto os galegos non somos precisamente a nazón Nipona. Dase por feito que un ten que ir acorde co tempo que lle tocou vivir, e hoxe por hoxe hai un bo lote de estilos que se inpoñen por enriba dos demais: levar a cintura do pantalón abaixo nas "brillas" mola moito e salir de comparsa gaditana luce un montón pero, por que temos que deixar morrer tradicións tan nosas e tan pescas como o "enterro do Facundo" ou " a subida do burro a Serres" para logo deixarnos seducir por ritos supostamente mais "civilizados" como pode ser unha corrida de touros. A máxima aquí sería xa chejar a pensar que todo o que é español e sale na televión é algo vital para entender o noso propio entorno, ideales, por outro lado, necesarios para todo o que esté interesado en descubrir de donde ven e para donde vai.
(1) O patrón, San Xoan, sempre foi dos de Serres, (2) o Carmen mariñeiro dos de Baño e Boavista e (3) San Antonio, co seu porquiño, dos de Badernado.
Antón Lameiro