falas galego! En que fandoms estás? Para saber se compartimos 🥺
(Vou pór a resposta en público para que calquera que teña curiosidade sobre os fandoms nos que estou poida ler o post)
Esta é unha pregunta difícil de responder por dous motivos xddd: 1) Aínda que ultimamente estou tratando de participar de forma máis activa, son o tipo de persoa que observa os fandoms nos que está dende as sombras. Como moito podo reblogar algunha cousiña por aquí, pero non adoito metermo no que sería *a movida* e 2) aínda que hai fandoms nos que levo toda a vida, as miñas hiperfixacións (ou intereses especiais) cambian cada poucos meses.
Xa podo dicir que compartimos fandom en Hora de Aventura xdd. Vin esa serie dende que saíu por primeira vez (tiña seis anos
😭😭😭 estoume sentindo moi velle e nove ao mesmo tempo) e dende entón fun fan. Aínda así é certo que levo tempo buscando o momento para revela por completo porque cando saíron os últimos episodios xa non estaba na miña época de ver a tele. Igualmente fíxenme algún spoiler de Fionna e Cake e Simon Petrikov i love you and adore you my little meow meow my blorbo my babygirl you're eveything to me.
En xeral diría que son fan das típicas series de animación de Cartoon Network que saíron pola época (ou de antes pero que aínda se emitían por televisión eses anos). Así falando doutras series podo mencionar Código Lyoko, She-ra, Gravity Falls... E a verdade é que pouco máis xddd. De filmes tampouco podo mencionar moito. Nestes ultimos anos estou máis metide en libros e videoxogos.
De libros vou saltando constantemente porque leo moitos xdd. Estou no fandom de Cazadores de Sombras dende que lin os libros aos 13 e aínda que hoxe en día teño bastantes problemas con eles non podo deixar de ler o que publica esa señora e analizalo fortemente. Tamén son fan da saga Nevermoor, Graceling, Trilogía Fuego, Jonathan Strange & Mr. Norrell... Supoño que ACOTAR conta porque falo moito deses libros aínda que os odio con toda a miña alma???? E se a saga dos Arquivos Malvís tivese un fandom estaría nel porque oh meu deus o que amei eses libros (sobre todo o segundo) por favor. (Supoño que tamén podería dicir o mesmo de O mundo secreto de Basilius Hoffman mais como sei que o autor fixo NFT e non sei se fixo algunha outra cousa problemática prefiro non incluílo.) Deberiamos reivindicar máis os espazos tipo fandom en galego e para obras galegas, a verdade.
(E de libros seguro que estou esquecendo de algún máis. Se miras no meu perfil de Goodreads aparecen os libros que lin ou teño gana de ler.)
Logo de videoxogos podo dicir Fantasy Life, Animal Crossing, Stardew Valley, Turnip Boy (tanto Commits Tax Evasion como Robs a Bank), Hades, a serie de Mario & Luigi (en xeral supoño que podo dicir que son fan de Mario, mais esa saga en concreto é *chef kiss*)... Non sei se Os Sims teñen fandom como tal pero se é así considérame dentro del xdd. Edit para engadir Princess Maker 2 que aínda que fandom apenas ten é un xogo que ocupa a miña máis do que debería.
E creo que non estou en máis fandoms???? Se alguén que me coñece cre que me faltou algún pode comentalo nun reblog ou nun comentario. Tamén é certo que hai moitas cousas das que gosto que ou non hai ningún tipo de fandom ou son só 4 gatos xdd. Iso non significa que potencialmente, se houbese fandom, non participaría nel.
EDIT 2 DE NOVO porque acabo de darme conta de que Dugeon Meshi entraría nesta categoría. Problema: só lin os dous primeiros tomos e non me quero facer spoilers. Pero xa teño ganas de rematar o manga.



















