Cinediario 2024 - aprile
Fire Will Come (2019) Oliver Laxe
seen from United States
seen from Russia
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from Italy

seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States
seen from China
seen from France

seen from United States
seen from United States
seen from Belgium
seen from United States

seen from Türkiye
seen from United States

seen from United States
seen from Ukraine
Cinediario 2024 - aprile
Fire Will Come (2019) Oliver Laxe
O que arde [Fire Will Come] (Oliver Laxe - 2019)
Favorite films watched in June 2021:
Western (2017), dir. Valeska Grisebach
The Class (2008), dir. Laurent Cantet
The Ancient Woods (2017), dir. Mindaugas Survila
Undine (2020), dir. Christian Petzold
Fire Will Come (2019), dir. Oliver Laxe
Christ Stopped at Eboli (1979), dir. Francesco Rosi
Three Adventures of Brooke (2018), dir. Yuan Qing
Death Will Come and Shall Have Your Eyes (2019), dir. José Luis Torres Leiva
August 32nd on Earth (1998), dir. Denis Villeneuve
We're proud to exclusively premiere the poster for Oliver Laxe's Fire Will Come by @midmarauder.
The Cannes winner opens on October 30 at Metrograph’s Virtual Cinema and we named it one of the must-see films of the month.
No profundo do bosque
Hai un par de noites tiven un dos soños máis enigmáticos que podo recordar. Atopábame percorrendo un camiño de pedra cara ó profundo dun bosque de enormes árbores de copas mestas e escuras e, a cada certo tempo, abríase unha corredoira cara un escenario novo: un mar de herba líquida de cuxas ondas emerxían as ruínas de altos edificios comidos pola hedra pezoñenta, un labirinto circular de pedra fría e gris cuberta de neve e de petróglifos, un deserto de area vermella no que intricadas construcións de cristal refractaban a luz da lúa en cores inimaxinables... Estaba completamente soa percorrendo as corredoiras daquela fraga surrealista, fuxindo lentamente de quen sabe que en dirección á única escapatoria: o espertar.
É curioso como os arquetipos poden chegar a gravarse na nosa mente até o mesmo subconsciente, influíndo nos pensamentos intrusivos, nos medos irracionais e nos soños. Ocorre, por suposto, con aqueles máis antigos e máis reiterados dende que o ser humano decidiu comezar a contar historias.
O bosque é un deles. E quen di bosque di fraga, selva, xungla ou taiga: calquera masa forestal mesta e escura onde orientarse se torne unha tarefa complicada e onde a presenza humana é escasa ou nula. O bosque escapa do noso afán civilizador, do noso control, e por iso situamos nel os peores medos e os tesouros meirandes. Disto sabemos os galegos, que poboamos as nosas fragas de mouros, encantos e compañas, así como no conto tradicional europeo recompilado polos irmáns Grimm ou Charles Perrault albérganse as cabanas das bruxas e os tobos dos lobos feroces. Unha advertencia ós infantes de outras épocas para afastalos do perigo real que supón perderse na espesura e non atopar o camiño á casa, como Polgariño, ou ter un encontro non desexado cun animal perigoso, como a Carapuchiña Vermella.
É precisamente esta faceta máis misteriosa, a da natureza salvaxe chea de perigos e aventuras, a que primeiro da o salto ó cinema. Os contos tradicionais pasan ó celuloide en sucesivas adaptacións dende os primeiros filmes animados de Lotte Reiniger e Walt Disney até as últimas revisións do xénero como El Laberinto del Fauno de Guillermo del Toro (2006) ou The VVitch, de Robert Eggers (2015). Non é casualidade que as revisións dos contos tradicionais estean tan ligados ó xénero do terror, que tamén entendeu as potencialidades do bosque como escenario dos crimes máis horrendos e da loita pola supervivencia.
Estas mesmas características que fan do bosque un lugar difícil de acceder e explorar son as que o converten nun refuxio perfecto, ademais, para foraxidos da talla de Robert de Locksley –máis coñecido como Robin Hood–, maquis da guerra civil española ou asociacións e sociedades máis ou menos secretas. Atopámonos que, como ocorría co arquetipo do mar, o bosque comeza a ensinarnos a súa dualidade: ameázanos co medo ó descoñecido ou acóllenos cando a sociedade nos da as costas. O arquetipo tamén está ligado á soidade dos que erran, fuxindo ou perseguindo un obxectivo, dos que sobreviven, dos que están perdidos e confusos ou dos que procuran activamente o illamento.
O bosque exerce sobre nós unha atracción inexplicable. Cando aínda non tiñamos a ciencia para explicar a nosa existencia, fixemos do bosque o noso santuario, unha catedral arbórea na que os sentidos se anegaban de estímulos e sensacións; e hoxe en día seguimos a consideralos como tal, xa sen ligalos a un animismo antigo e sagrado, senón á pureza da natureza virxe, do ecosistema que sobrevive ó embate do ser humano e a súa civilización. Dende Dersu Uzala (Akira Kurosawa, 1975) até O que arde (Oliver Laxe, 2019), pasando pola meirande parte de filmes de animación do estudio Ghibli, o cinema fíxose eco da reivindicación da natureza polo seu dereito a permanecer salvaxe, e do deber do ser humano de respectar e coidar a súa entorna nunha simbiose xusta e recíproca. Podemos mencionar aquí o papel do lume como principal inimigo do bosque, tendo en conta a súa dimensión alegórica como representación da ameaza da modernidade, da industria ou do egoísmo humano, segundo a mensaxe que queira transmitirnos a historia.
A dualidade do arquetipo do bosque reflíctese no cinema tamén a través das expresividades do medio audiovisual. Por unha banda, o bosque claro e luminoso que nos acolle como un ser vivo máis, como unha pequena parte do espazo natural, no que os raios do sol esvaran entre a follaxe aloumiñando e quencendo as nosas fazulas mentres os paxaros asubían melodías efémeras, inéditas e irrepetibles. Pola outra, o bosque da noite e da néboa entre os troncos húmidos, fríos e ásperos, no que a luz alaranxada dun candil pode ser un inimigo ou unha vítima e no que a madeira renxe ameazando con tronzarse sobre as nosas cabezas namentres grallan os corvos e pían as curuxas nun ton monótono e grave. Até no máis profundo do bosque hai claros que nos devolven á realidade, mostrándonos que a pesar da noite sen fin debaixo da mesta follaxe existe un ceo por riba, como a luz ó final dun túnel, que nos revela o camiño a través das estrelas para volver á casa.
É curioso porque aínda que a nosa realidade cotiá se vaia afastando dos bosques, o arquetipo siga presente até os nosos días, imperturbable. O cinema pode ser o último vínculo destas realidades antigas coa nosa sociedade tecnolóxica e urbana, o derradeiro reduto para que o arquetipo se desenvolva, medre e mude cos tempos, e que continúe gravado a lume na nosa memoria colectiva. E seguirá a mantelo vivo a un tempo que crea e desenvolve arquetipos e símbolos novos para continuar a alimentar os nosos soños con mares embravecidos, sombras, espectros e bosques perdidos.
Até o episodio vindeiro!
Oliver Laxe’s “Fire Will Come” US One Sheet
www.midnight-marauder.com
O que arde (2019), dir. Oliver Laxe