Fonte: Madenfas

seen from Germany

seen from United Kingdom
seen from Japan
seen from United States

seen from Italy

seen from United Kingdom
seen from Italy
seen from Russia

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United Kingdom
seen from South Africa
seen from United States
seen from Italy

seen from United States

seen from Argentina

seen from United States
seen from United States
Fonte: Madenfas
Imaxes da exposición do 12° Encontro Internacional de Ilustraçäo de Säo Joäo da Madeira da pasada semana. 25 ilustracións de membros da asociación, entre eles unha servidora ca portada do libro "Conta nove estrelas" de #andreamaceiras #xerais Grazas os compañeiros da #agpi polas fotos 👏👏 . ©Paula Mayor paulamayor.es • • • • • #acoruña #galicia #paulamayor #paulamayorart #Contanoveestrelas #illustration #design #cover #ilustracion #diseño #character #instaartist #instadaily #art #sketch #drawing #dibujo #artist_sharing https://www.instagram.com/p/B4Hrzc_ieVX/?igshid=yjwc1tp99teo
GAL* Aquí déixovos a animación que fixen da portada de #contanoveestrelas. Seres incribles, naves espaciais e unha chea de aventuras espéranvos dentro deste libro de #andreamaceiras #PremioLazarillo2018 editado por #Xerais. . ESP* Aquí os dejo la animación que he hecho de la portada de #contanoveestrelas. Seres increíbles, naves espaciales y un montón de aventuras os esperan dentro de este libro de Andrea Maceiras, Premio Lazarillo 2018 y editado por Xerais. . ©Paula Mayor paulamayor.es . Música copyright: Video Link: https://youtu.be/8HJSl7AiJNg https://soundcloud.com/ehrling/ehrling-you-and-me Facebook: www.facebook.com/EhrlingMusic/ Instagram: www.instagram.com/ehrlingofficial/ • • • • • #acoruña #galicia #paulamayor #paulamayorart #animación #2d #librosjuveniles #illustration #design #girl #cover #ilustracion #diseño #character #agpi #instaartist #instadaily #art #sketch #drawing #dibujo #artist_sharing #instagood #illustrationoftheday #artist #instamood #cartoon https://www.instagram.com/p/BzgYpZrCTyP/?igshid=no120iviqfgj
GAL* Xa está chegando as librarías un dos últimos proxectos no que teño colaborado: "Conta nove estrelas" de @andrea.maceiras A obra premiada co #premiolazarillo e editada por #xerais dentro da colección Merlín, conta a aventura de Quepi, que xunto co seu irmán e un ser misterioso desafiarán os límites do universo coñecido. ESP* Ya está llegando a las librerías uno de los últimos proyectos en los que he colaborado: "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras. La obra premiada con el #PremioLazarillo2018 y editada por Xerais dentro de la colección Merlín, cuenta la aventura de Quepi, que junto con su hermano y un ser misterioso desafiarán los límites del universo conocido. ©Paula Mayor paulamayor.es • • • • • #acoruña #galicia #paulamayor #paulamayorart#Contanoveestrelas #illustration #design #girl #cover #ilustracion #diseño #character #agpilustración #instaartist #instadaily #art #sketch #drawing #dibujo #artist_sharing #instagood #illustrationoftheday #artist #instamood #cartoon #supplyanddesign #instaart https://www.instagram.com/p/BxfOvfkCCfC/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=ufa89357bhdk
Charles Darwin, A viaxe do Beagle, 1839.
Ten sentido escribir un libro de viaxes en 2017? Hoxe que case todas nós coñecemos outros lugares máis ou menos distantes, e sobre todo, que a tecnoloxía nos permite coñecer case calquera lugar do planeta en tempo real, podería parecer que unha narración sobre lugares que se atopan a golpe de clic é superflua.
Xurxo Mariño conta en Terra: Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, un feito curioso sobre a selva amazónica: alí podes morrer de fame doadamente, no entorno con máis variedade animal e vexetal do mundo, se non sabes atopar alimento. As viaxes son un pouco o mesmo: dá igual canta variedade humana, natural ou arquitectónica te rodee, podes morrer figuradamente de fame se non sabes mirar. Todos coñecemos a alguén a quen as viaxes non parece que lle axudasen máis que a poñer selos no pasaporte.
No caso de Xurxo Mariño, é a súa mirada a que fai a viaxe, e poucas veces temos acceso ás reflexións dunha persoa que percorre o mundo e que o fai baixo o prisma do coñecemento cientifico. A deriva continental, a especiación, a vida vexetal e os diferentes climas son tratados, non como elementos meramente visuais, senón como o centro da propia viaxe e sobre os que se desenvolve un discurso moi alonxado do habitual ton descritivo ou evocador. Ao mesmo tempo que relata anécdotas e vivencias máis persoais, tamén explica detalladamente as bases de peculiaridades das paisaxes, da fauna ou da climatoloxía. Non hai chisco de romantización dunha experiencia que debeu ser fermosa pero tamén ás veces dura, como tamén se deixa entrever nas excelentes entrevistas para Praza e no blog da viaxe, Vagamundeando.
A viaxe de Charles Darwin no Beagle, entre 1831 e 1836, a grande aventura científica de viaxes. está tamén moi presente na crónica de Mariño. Neste caso, trátase dunha viaxe 2.0, con cámaras, tablet, GPS e redes sociais. Estou segura de que Darwin estaría encantado.
Para min, ler este Terra tivo extraño efecto: aprendendo sobre lugares nos que non estiven nunca, lembrei moi vivamente as lecturas de infancia e adolescencia que provocaron que quixera dedicarme, modestamente, á ciencia (ou polo menos a unha profesión técnica): A Orixe das Especies, Cosmos, A Expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre, eran todos, dun xeito ou doutro, libros de viaxes, que marcaron un determinado xeito de achegarse ao descoñecido.
Podes ler este artigo tamén no meu blog O Outro Lado do Espello
Xerais publicará en outono dous títulos de banda deseñada
Manuel Bragado adiantaba hai uns días no seu blogue que Xerais estreará en outono unha colección adicada á banda deseñada. Os títulos escollidos para abrir esta nova liña editorial son Cartas de inverno de Antonio Seijas e a primeira entrega de Marcopola de Jacobo Fernández Serrano.
Imaxe promocional de Cartas de inverno
Con Cartas de inverno, Antonio Seijas adapta á BD a novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz. “Non é unha historia baseada na novela”, di Seijas, “ é a novela levada a BD, aínda que evidentemente trocando o necesario para poder plasmalo en imaxes, xa que linguaxe da narrativa non é a mesma que a da BD”. O álbum terá 86 páxinas e contará cun prólogo do propio Fernández Paz. Seijas conta cunha extensa traxectoria coma ilustrador e debuxante de BD, colaborou coa revista Golfiño e gañou en 2006 o II Premio Castelao da Deputación da Coruña con Un home feliz, obra cuxa versión en castelán resultou galardoada tamén co premio do público ao mellor guión de 2007 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona de 2008. O autor abriu unha páxina de facebook onde poden atoparse imaxes, entrevistas e información sobre este novo álbum.
Ilustración do Marcopola de Jacobo Fernández Serrano
O segundo título de Xerais que poderemos ler este outono é Marcopola, a illa remeira, obra de Jacobo Fernández Serrano publicada orixinalmente en 2009 e que conta con versións en castelán, catalán e francés. Nas súas páxinas, atopamos un pequeno catálogo de marabillas, as que vai descubrindo a illa Marcopola na súa viaxe polo mundo. Cun debuxo estilizado ao máximo e acabado colorista, Fernández Serrano ofrece aventura e humor nun traballo dirixido fundamentalmente aos lectores máis novos pero que ofrece argumentos suficientes para interesar a nenos e nenas ben entrados en anos. En calquera caso, non decepcionará aos seguidores do seu autor.
Aínda que sen concretar datas de saída, Xerais conta con publicar durante 2013 varios títulos máis de BD, entre eles unha segunda entrega de Marcopola de Jacobo Fernández, o agardado Baixo a sombra das pedras flotantes de Kiko Da Silva (xa mencionado neste blogue) e a novela gráfica na que están a traballar Diego Ameixeiras e Abraldes (da que tamén se falou en Praza). Unha boa nova, xa que logo, que unha das editoras máis importantes do país se propoña publicar banda deseñada de forma estable.
Eduardo Maroño