Gatuchinhos! Para celebrar o novo ano 2022 sorteamos a nosa tradicional cesta. Mirade o completa que é, hai de todo: - Unha caseta de cartón para que o voso micho estrene apartamento e recuperedes o sofá. Por un anaco. - Un riquísimo zume de mazá ecolóxico. - Té de nadal, para tomar quentiño na casa mentras vedes chover pola fiestra. - Tres calabizos, o delicioso chourizo de cabaza feito en Ourense. - Patés de alcachofa pra facer canapés apetitosos. - Turróns veganos brando e de chocolate. (Veña. Só de ler isto xa estades salivando.) - Un chulísimo cadro enmarcado de gato de nadal, feito con moito agarimo por Ana Gullón. - Unha fermosa lámina de gata serea de La Chica de la Cinta pra decorar o voso fogar. - Un colar super fashion para os michos que se queixan de que “nunca teñen nada que poñerse”. - Xoguetes varios para que os vosos michos os esnaquicen... digoooo, para que pasen entretidos o Nadal e esquezan por un intre facer maldades cos adornos e bolas da árbore. - Unha funda de gafas, cubrebotellas, máscara e neceser de Pilar Quiroga, moi estilosos, personalizados con motivos felinos, para que os levedes convosco a tódalas partes. - Vales de desconto en CoruVet e Pura Vida, para que a costa de Xaneiro se faga menos costosa. Para participar no sorteo, facede unha transferencia ao noso número de conta ES59 1491 0001 2921 4671 6127 ou por PayPal a [email protected] indicando no asunto "sorteo cesta" e o voso número de teléfono. Cada participación custa 2€ e podedes mercar todas as que queirades. Cantas máis merquedes, máis posibilidades hai de que vos toque. O sorteo celebrarase o día 2 de xaneiro a través de random.org e a persoa gañadora recollerá a cesta en Pura Vida Ecocentro (Rúa Arco, 6, 15003 A Coruña) #Gatuchinhos #sorteo #cestadeaninovo #ricoricoricodelicious #calabizo #turrónvegano #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/CXY4ZBLMK06/?utm_medium=tumblr











