I hope everyone had a good monday!
I'm very excited to present you my first kobold adopts!
They will all be auctionned on FA. if you dont have an account DM me and I'll put the bid for you.
Auctions will end wednestday evening! All prices are in canadian$!
https://www.furaffinity.net/view/45642760/
Hoxe imos preparar unha receita sinxela, completa e deliciosa. Os pementos recheos requiren un pouquiño de tempo, pero veredes que é moi doado preparalos, e que o resultado está de escándalo.
Os ingredientes necesarios son pouquiños:
Uns 450g. de pementos de piquillo enteiros
Uns 300 g. de gambas peladas de calibre pequeno/mediano
Uns 200 ml. de nata para cociñar ou leite evaporado
Unha cebola mediana
Dous dentes de allo
Viño branco
Leite
Fariña
Aceite de oliva
Pementa moída
Pirixel en pó
Sal fino
Os pasos a seguir para a súa preparación son os seguintes:
1. O primeiro que faremos será pelar a cebola e o allo, e cortalos en anaquiños pequenos, para logo poñelos a refogar nunha tixola grande con aceite de oliva.
2. Cando a cebola comece a tornar transparente, engadiremos as gambas, tanto se son conxeladas como se son frescas.
3. Cando a tixola se quede sen auga, engadiremos un chorriño de viño branco e sal ao gusto.
4. Por outra banda, retiraremos cinco pementos e reservaremos o resto. Con eses cinco no vaso da batedora, engadiremos os 200 ml. de nata e trituraremos.
5. Cando as gambas abranden, engadiremos á tixola un chisco de pirixel e dous dos pementos que temos reservados, cortados en anaquiños.
6. Tras isto, engadiremos tamén catro culleradas sopeiras de fariña e mesturaremos. Logo iremos engadindo leite pouco a pouco e mesturando, ata que nos quede unha textura cremosa. Botaremos tamén sal e pementa ao gusto.
7. Mentres tanto, botaremos nun cazo o que trituramos antes co batedora, salpimentaremos e deixaremos cociñar a lume medio-frouxo, removendo de cando en vez ata que a salsa espesa un pouco.
8. Feito todo o anterior, comezaremos a encher os pementos que tiñamos reservados, coa mestura que preparamos na tixola.
9. Nunha fonte para forno, cubriremos o fondo coa salsa que temos no cazo. Enriba da salsa iremos colocando os pementos recheos, para logo introducir no forno a uns 180ºC durante uns 5-10 min.