hola
Hola

Andulka
Xuebing Du

Product Placement
PUT YOUR BEARD IN MY MOUTH
cherry valley forever
art blog(derogatory)
Noah Kahan
🩵 avery cochrane 🩵

roma★
Aqua Utopia|海の底で記憶を紡ぐ

JVL
Monterey Bay Aquarium
KIROKAZE
🪼
he wasn't even looking at me and he found me
Three Goblin Art
Cosmic Funnies
Cosimo Galluzzi
trying on a metaphor
let's talk about Bridgerton tea, my ask is open

seen from Canada
seen from United States
seen from United Kingdom
seen from United Kingdom
seen from Colombia
seen from Belgium

seen from Uzbekistan

seen from Canada
seen from Spain
seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from United States

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from China
@weareadsfestival
hola
Hola
Falemos do portfolio
Falemos desa ferramenta que se sabe imprescindible na vida de todo profesional da comunicación.
O portfolio, citando a Daniel Martí, é “unha necesidade contemporánea no mundo dixital”. E é que hoxe en día xa ninguén se imaxina entregando unha folla de papel cunha foto a tamaño carné nunha esquiniña contando o ben que o facemos, porque xa todos sabemos onde vai a rematar, e non é na sección de contratados. O que se precisa, por tanto, é un espazo propio nalgunha plataforma que nos permita amosar, documentar e acreditar esa competencia que dicimos ter, con exemplos dos traballos que imos realizando. Isto tamén permite levar conta da evolución que imos adquirindo co tempo, polo que é importante telo ao día e empezar canto antes a súa elaboración.
Pero non todo vai ser conseguir un contrato de traballo, que é moi importante, pero tamén o é a creación dunha imaxe persoal, dunha identidade propia, e é que se falamos de evolución, o portfolio tamén nos permite, ao amosar as nosas aptitudes e o noso estilo, contactar con outras persoas de características similares, ou non, xerando así unha rede de relacións profesionais que poden axudarnos e influír aportándonos máis coñecementos ou ideas interesantes. O portfolio, por tanto, constitúe a nosa marca.
Pero, ¿cómo se fai un portfolio? Pois é moi sinxelo. Escollas a plataforma que escollas, polo xeral o portfolio consta de dúas partes: unha parte estática, na que a información non varía (a non ser que cambies de nome) e outra dinámica, que se vai actualizando cos traballos ou tendencias que se van adoptando. Polo demais, o máis importante é que deixes voar a túa imaxinación, facéndoo orixinal, creativo e persoal.
Diseño ganador para el concurso de We Are Ads 2ª Edición (2016)
Esta e a proposta que gañou o concurso de merchandigisng de We Are Ads. A compañeira @luciastvz ten moito talento!
We Are Ads, en colaboración coa Casa Azul do Consello de Benestar Social do Concello de Pontevedra, presenta a nova 'Categoría Solidaria' na que os aspirantes, seguindo o proposto nun briefing, crearán unha identidade corporativa gráfica.
A colaboración é totalmente altruísta. O premio proposto non é outro que a propia satisfación de axudar co teu traballo ao 'Programa Hefesto' que busca a integración das persoas con discapacidade en Pontevedra.
Desta forma, buscamos que os alumnos da Universidade de Vigo podan poñer en práctica o seu talento, e axudar así a mellorar o noso entorno social e cultural, para facer da nosa vila, Pontevedra, un lugar un pouco mellor.
O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 15 de Febreiro. Na web, www.weareads.wix.com/waafest tendes dispoñible o briefing para a creación da Identidade Corporativa Gráfica.
#7: House of Cards.
A ambición pode ser o combustible que nos leve a facer calquera cousa. E se non, que llo digan a Frank e Claire Underwood.
House of Cards é unha das grandes series dos últimos anos. O é, porque dende que soa a primeira nota musical da BSO tennos intrigados esperando a ver que maxistral xiro acontece. A pesar do importante papel que xoga o matrimonio, non debemos desprezar a outros personaxes, como a periodista Zoe Barnes ou o xefe do gabinete de Underwood, Doug Stumper. A trama discorre entre a ambición, o poder, e a opinión pública, para amosarnos unha sorprendente ficción baseada na realidade americana.
Non te podes perder unha serie da que o expresidente estadounidense Bill Clinton di: ‘O 99% do que ocorre en House of Cards é certo.’Ademáis, é a serie favorita de Barack Obama.
Necesitas máis motivos para comezala?
#6: Sillicon Valley.
Estes son, Richard, Erlich, Jared, Gilfoyle e Dinesh. A priori, poden parecer os frikis da tua clase de 4º de ESO. Mesmo poderían ser os membros do clube de matemáticas da facultade. Sen embargo, Richard e os demáis, son os encargados de crear unha éxitosa StartUp no corazón da innovación e a creatividade: Sillicon Valley.
Ao máis puro estilo Big Bang Theory, estes cinco ‘millennials’ serán capaces de facer tambalear a mismísima ‘Hooli’ (Google). Se eres dos que tuitea todo o que lle acontece, ou pensas ser o CEO do próximo Google, esta é a tua serie. Está claro que non é a ficción do século, pero o que si garantizamos son as gargalladas.
#5: Mr. Robot.
A seguridade xa non é só algo físico. A seguridade tamén pode ser un factor fundamental na rede. A diario, introducimos en internet datos persoais moi sensibles: contas bancarias, enderezos... Nun mundo no que cada vez estamos máis expostos, somos tamén cada vez máis vulnerables. Nese mundo, xoga Mr. Robot
Elliot Alderson xoga cunha doble cara de moeda; polo día é técnico de seguridade nunha empresa de informática e pola noite, libre xusticieiro cibernético. Esta envolvente e escura trama trata a realidade sociopolítica actual dun xeito brillante. As súas habilidades informáticas serán as súas mellores armas.
Probablemente o mellor thriller da nosa era cibernética, cunha densa crítica ao capitalismo, a desigualdade e a comunicación humana.
#4: Black Mirror.
Hoxe amosamos o lado máis escuro da vida e da tecnoloxía cunha serie británica erixida como unha das producións máis rompedoras do panorama televisivo.
As novas formas de comunicación e os avances tecnolóxicos no mundo social están a transformar o mundo e a percepción que temos del. Agora expresamos sentimentos e opinións en 140 caracteres e temos acceso a toda a información dispoñible no planeta. En cada casa ou posto de traballo podemos atopar varias pantallas, conexión a internet, un teléfono móvil intelixente...
Black Mirror é unha serie de crítica social na que cada episodio conta unha historia distinta pero cun denominador común: a evolución da tecnoloxía da comunicación e a súa influencia nas relacións interpersoais. Historias dramáticas, con certo ton humorístico que teñen a capacidade de xerar certa inestabilidade no que mira. Sen dúbida, unha das propostas máis interesantes e atrevidas da actualidade.
Pensades que o futuro podería semellar así?
#3: Scandal.
Continuamos co noso listado de series. E hoxe, facendo un guiño á actualidade, falamos de propaganda política, imaxe e crises. Falamos de Scandal.
Serie de televisión estadounidense, ambientada na cidade de Washington e tinguida de intriga política. En Scandal mestúranse o drama persoal cos segredos de estado e os asuntos turbios relacionados cos intereses políticos da capital norteamericana. A historia xira a redor da protagonista, Olivia Pope, antiga directora de comunicación da Casa Branca e encargada de dirixir a súa propia axencia especializada en resolución de crises. A súa misión será protexer e defender a imaxe e reputación dos seus clientes, así como protexer dos escándalos á elite do país.
Inspirada en Judy Smith, xefa de prensa da administración de George H. W. Bush, e actual co-produtora executiva da serie.
#2: The Newsroom.
Hoxe dedícamonos aos alumnos de Comunicación Audiovisual, que por certo, chegou aos nosos oídos que ultimamente andan moi liados co tema dos informativos. Ademáis, debido á controversia ocasionada en torno á figura do xornalista, nestes últimos días máis que nunca pensamos que a veracidade e rigor deben ser valores fundamentais.
A estadounidense The Newsroom é un drama periodístico no que se mantén una visión introspectiva dun importante canle de televisión. Ofrece una visión interna de todo o que podemos atopar detrás das cámaras nos telexornais e no relativo a súa redacción. Desgarradora tanto en temas éticos, como na controversia que supón a protección de fontes de información e o papel intransixente do Goberno.
E a vós, qué vos parece a figura do xornalista e os límites aos que poden chegar?
#1: Mad Men.
O noso listado de series de TV sobre comunicación só podía comezar ca serie que todo estudante ou profesional de publicidade debería ver: Mad Men.
¿A quen non lle gustaría ser Donald Draper? Presentar o seu famoso carrusel para Kodak ou ser o director creativo dunha gran axencia polo menos un día. Así nos fai soñar Mad Men, por todo o alto.
A serie narra os comezos dunha das máis prestixiosas axencias de publicidade dos anos 60, e céntrase sobre todo nun executivo da mesma, Don Draper e as súas vivencias e evolución como persoa. Ademáis para todos os interesados neste terreo, a serie serve como unha análise histórica das axencias de publicidade dende case o seu nacemento.
O seu particular estilo visual, a súa excelente ambientación, a autenticidade histórica, deseño de vestuario, actuación e dirección fixeron deste drama unha das series con máis éxito dos últimos anos.
Recén concluída neste 2015, animámosvos a introduciros no mundo de Don Draper.
7 series de televisión que che farán amar a comunicación.
O fin de semana fíxose demasiado curto, pero a chegada do Luns non implica deixar o ocio de lado. Aprender non debe ser aburrido, por iso esta semana traemos un listado de series de televisión nas que veremos a distintos profesionais da comunicación desempeñando as suas tarefas do día a día. Quizá despois de ver varios capítulos, quererás traballar igual que os seus protagonistas.
Senso Sublime
Queda exactamente unha semana para que remate a exposición de Sergio Portela: Senso Sublime. Trátase dun conxunto de pinturas, esculturas, fotografías e maquetas da arquitectura que pretenden a través da súa construción e mensaxe, concienciarnos e facer do mundo un lugar mellor onde vivir.
Destacan as súas esculturas pola súa grandeza e temática, transportándonos a unha gran sensualidade, completamente palpable.
Non desaproveitedes esta oportunidade e pasádevos polo museo de Pontevedra. Podedes facelo de martes a sábado de 10h. a 21h. e o domingo de 11h. a 14h; a entrada é de balde, anímate!
“Senso Sublime sabe cómo levarte fóra do mundo.
É unha viaxe cara o máis brutal; comeráste a ti mesmo”
Sergio Portela.
ATENCIÓÓÓN!!!
Hoxe traémosvos novas para sacar o voso lado máis creativo! Dende We Are Ads queremos coñecervos un pouco máis polo que decidimos traervos un concurso para achegarnos máis a todos vos.
A idea é que ao longo de sete días, dende agora mesmo ata as 23:59h do mércores 11 subades á vosa conta de Instagram unha foto ou vídeo levando a vosa creatividade o máis lonxe posible. Deste xeito, a foto ou vídeo que máis likes consiga ao longo deste tempo obterá un regalo de parte do equipo.
Para participar o que debes facer é:
- Subir unha foto ao Instagram antes do mércores 11 as 23:59h.
- Darlle a like a publicación do sorteo do noso perfil de Instagram e seguirnos.
- A creatividade non ten límites.
- Non hai límite de fotos ou vídeos. Cada persoa pode subir cantas fotos ou vídeos queira. O que se miden son os likes.
- Todos os membros da uVigo estades invitados a participar.
- O gañador anunciarase dende o noso perfil ao longo do xoves 12.
Por suposto todo este esforzo verase recompensado. Obteredes o mellor da vosa creatividade e un detalle da nosa parte.
Un vídeo do obradoiro impartido hoxe por Al Rosell sobre oratoria e exposicións en público.
We Are Ads volve.
E volve coas pilas cargadas. Como sabedes, nas semanas anteriores estivemos conformando os novos equipos que organizarán a vindeira edición. Non foi tarea fácil. Presentáronse ata 80 alumnos de Publicidade e de Comunicación Audiovisual que demostraron un entusiasmo e forza impresionante. Dende aquí, queremos agradecervos a participación a todos.
We Are Ads 2015 resultou ser todo un éxito, e, cando unha etapa se pecha, é tempo de agradecementos. Queremos agradecer a todo o equipo do ano pasado, que converteu en realidade o que fai un tempo parecía un soño: o primeiro festival universitario de publicidade en Galicia. Non era unha tarefa sinxela, e o resultado foi por enriba das expectativas.
Agora comeza unha nova etapa que, coma todos os comezos, debe ser tratada coma un reto. No segundo ano, debemos consolidarnos, lograr maior repercusión, e seguir afianzándonos como o mellor escaparate para mostrar todo o talento que hai nesta universidade. Todo isto non vai ser doado, pero será moito máis fácil se contamos coa tua axuda. Como queremos que nos axudes? Queremos convertir We Are Ads nun espazo de conversación no que o alumnado poida tratar temas que sexan relevantes. A través deste blog e outras canles, crearemos contidos variados que sexan interesantes para o noso público obxectivo: ti. Se tes algunha suxerencia, algún tema que queiras que sexa tratado, este é o teu lugar.
De que imos falar? Falaremos de comunicación en xeral: de publicidade, de cine, de música, de son, de imaxe, de fotografía, de creatividade, de talento, de innovación... Falaremos de todas esas características que os alumnos da nosa facultade teñen. Aquí queremos ver como o que se aprende no aula aplícase á vida cotiá.
Se eres un alumno inquedo e curioso, este é o teu blog.
Aquí un esquema cos finalistas desta primeira edición do festival. Felicidades a todos eles.
Nesta página pódense ver todas as pezas do festival divididos por edicións. Facendo click en cada imaxe poderá verse o título da peza, o posto e os seus autores.